Museo de Jeu de Paume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada do Museo de Jeu de Paume

O museo de Jeu de Paume (Galerie nationale du Jeu de Paume) é un lugar de exposición de arte contemporánea e fotografía , cunha superficie de 1.200 m2, situado no Xardín das Tuileries no extremo occidental da Terraza dos Feuillants, na praza da Concorde, en París (Francia), Ier arrondissement (Distrito Iº).

O edificio foi construído en 1861, no reinado de Napoleón III para partidas de pelota (jeu de paume).

A partir de 1909 foi destinado a arte, en relación co museo de l'Orangerie e o Louvre. Durante a Segunda Guerra Mundial, as obras de artistas xudeos, confiscadas polos nazis, foron almacenadas aquí. Desde 1947 ata 1986, data de inauguración do museo de Orsay, a galería de Jeu de Paume presentaba a obra dos pintores impresionistas. Desde 1986 esas obras están expostas no museo de Orsay. O Jeu de Paume foi reaberto en 1991, a iniciativa de Jack Lang, ministro de cultura naquela altura, converténdose na Galerie Nationale du Jeu de Paume, dedicado a exposicións de arte contemporánea e, especialmente, á fotografía e vídeo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Museo de Jeu de Paume