Munio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Munio de Veiga.

Munio[1] é un santo do que se descoñecen moitos aspectos da súa vida. É venerado en Veiga, no concello ourensán da Bola.

Lenda[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, apareceu en Veiga en forma de lume.[1] Queimou o monte do alto do Furriolo até unha fonte, onde se apagou.[1] Por ese motivo, dise que aínda cheira a queimado no lugar.[1] Crese que está enterrado nunha arca de pedra, á par da porta da igrexa parroquial de Veiga.[1] Tamén existe a crenza de que un día o cura e algúns fregueses abriron a devandita arca e quedaron todos cegos, polo que ninguén máis ousou abrila.[1]

Igualmente, adoita tamén crerse que fundou o mosteiro de Veiga no século IX e que se enterrou na capela maior da actual igrexa. O seu sepulcro era todo de pedra sostido por catro columnas con cadanseus capiteis, un costume característico de Portugal, tamén presentes noutros sepulcros como de san Rosendo.[2][3] Deste sepulcro quedan algúns elementos dispersos pola igrexa.[4] Os fustes desas catro columnas foron aproveitadas para o altar.[2][4] As súas reliquias son empregadas para rituais contra o demo.[3]

Culto[editar | editar a fonte]

Descoñécese a súa festa ou a súa imaxe.[1] Aínda que a parroquia de Veiga estivo primeiro dedicada a san Tomé, existe constancia de que San Munio é o seu padroeiro dende, polo menos, 1187.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  2. 2,0 2,1 "Otro cuaderno describe la historia de San Munio de Veiga". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-04-28. Consultado o 2023-11-05. 
  3. 3,0 3,1 Fernandez, Rubén Freire (2013-06-05). "ROMANICO HISPANIA: SAN MUNIO DE VEIGA". ROMANICO HISPANIA. Consultado o 2023-11-05. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Veiga" (PDF). Románico Dixital. Consultado o 05/11/2023.