Mozia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozia
Vista da illa
Isola di mozia.jpg
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Illas do Grande Estanque de Marsala
Linguas Italiano
Poboación (2010)
Superficie 0´45 km²
Densidade
Coordenadas 37°52′06″N 12°28′07″E / 37.86833°N 12.46861°E / 37.86833; 12.46861Coordenadas: 37°52′06″N 12°28′07″E / 37.86833°N 12.46861°E / 37.86833; 12.46861
Maior Altura
Localización
Localización  da illa

Mozia (tamén coñecido como, Mothia ou Motya), a día de hoxe San Pantaleo, é unha illa da lagoa de Marsala na provincia de Trapani. Na illa estaba situada a antiga cidade fenicia do mesmo nome. A illa está situada fronte á costa oeste de Sicilia, entre a Illa Grande e o continente, e pertence á Fundación Whitaker.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa esténdese por case corenta e cinco hectáreas e mostra unha forma case circular, está no centro do Grande Estanque de Marsala, que desde 1984 é reserva natural rexional das illas do Grande Estanque de Marsala. O nivel do mar incrementouse en preto de dous metros por encima da época fenicia, e polo que parte dos restos arqueolóxicos está mergullado. O subsolo componse de pedra calcaria blanda, coroada por unha fina capa de dura pedra calcaria.

O acceso á illa só se permite en dous peiraos privados, que ademais de uniren a mesma coa parte continental permiten visitar as outras illas da lagoa. A illa pertence á Fundación Whitaker, o público pode visitala durante as horas de apertura, está en vigor a prohibición de desembarco non autorizada. Na antigüidade, unha estrada unía a parte continental coa illa, hoxe en día está mergullada, e xa non é viable debido á erosión das algas.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi colonia fenicia, probablemente só un centro comercial que se converteu en cidade co tempo. Os gregos dicían que foi fundada lendariamente por unha muller chamada Motia, e conectárona con Hercules.

Sobre o século VII a.C. pasou a depender de Cartago. A medida que os gregos establecían colonias, os cartaxineses concentráronse nas tres principais: Sos (Solus), Panormo (Panormus) e Mozia (Motya), esta última a máis próxima a Cartago, polo que se converteu en capital das posesións cartaxinesas na illa.

É mencionada como colonia cartaxinesa no 415 a.C. durante a expedición ateniense. No 409 a.C., cando o xeneral Aníbal Magón desembarcou en Sicilia deixou a súa frota en Mozia mentres avanzaba por terra para atacar Selinunte. Nesta época foi saqueada (como tamén Panormo) por Hermócrates, o exiliado siracusano establecido na zona. Durante a expedición cartaxinesa ao mando de Amílcar Barca (407 a.C.), os cartaxineses usárona como base da súa frota.

No 397 a.C., Dionisio I de Siracusa atacouna e a asediou. A resistencia foi épica; logo de gañaren as murallas e as torres, os habitantes resistiron rúa a rúa, casa por casa; os que sobreviviron e non puideron escapar, foron executados por Dionisio como castigo. Biton foi nomeado gobernador por Dionisio, e o seu irmán Leptines converteuna en base da frota siracusana.

No 396 a.C. desembarcou en Panormo o xeneral cartaxinés Himilcón e reconquistou a cidade, onde non atopou case resistencia. Himilcón fundou entón Lilibea, que tiña unha mellor situación, e trasladou alí aos habitantes de Motya que sobreviviran. A vella Motya desapareceu da historia e o illote foi habitado só por pescadores.

No século XI a illa foi doada polos normandos á abadía de Santa Maria della Grotta di Marsala dos monxes Basilianos, e que logo deron a illa o mome de San Pantaleón (desde o século XI) en honra ao seu santo fundador da orde.

Na segunda metade do século XVI, xunto cos mosteiros de Palermo e Marsala, pasou aos Xesuítas, e o final do Settecento - coa expulsión da orde de Sicilia - pasou a mans de pequenos propietarios que cultivaban principalmente os viñedos, e de feito fano aínda hoxe en día.

A comezos do século Século XX toda a illa foi comprada por Joseph Whitaker, arqueólogo e herdeiro dunha familia inglesa que se trasladou a Sicilia enriquecido coa produción de Marsala. El foi o primeiro en promover a escavación arqueolóxica real. Pódense ver algunhas ruínas, fragmentos das murallas e das dúas portas, tamén se acharon algunhas moedas e cerámica.