Camilo Valdehorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Camilo Valdeorras»)
Camilo Valdehorras
Nacemento25 de xuño de 1959
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía, teatro e ensaio
EstudosFiloloxía Hispánica e Dereito
Na rede
AELG: 140
editar datos en Wikidata ]

Camilo Fernández González-Valdehorras, nado no Barco de Valdeorras o 25 de xuño de 1959, é un filólogo, profesor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras vivir en Ribadeo, Mondoñedo e Lugo, estudou Filoloxía Hispánica e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 fixou a súa residencia en Barcelona. É diplomado en dramaturxia, linguaxe audiovisual e dirección escénica polo Institut del Teatre de Barcelona e licenciado en Filoloxía Románica (Galego-portugués) e doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, exercendo como profesor de Filoloxías galega e portuguesa na Facultade de Filoloxía de dita Universidade desde 1986.

Alí promoveu a creación da licenciatura en Filoloxía Galega, sendo redactor do plano de estudos de Filoloxía Galega e do Lectorado de Galego 1994, estando detrás de diversas actividades relacionadas co galego e coa cultura galega. Foi tamén profesor convidado na Universidade Autónoma de Barcelona entre 1995 e 1998, inaugurando o actual Lectorado de Galego en 1997. Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e membro do Grupo Rompente. É tamén presidente do Foro Cívico Galego de Barcelona.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A morte natal e outros poemas, 1999, Madrid.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Progreso e andrómena de Antroido. Farsa veraz e alegoría festiva, 1978, Edicións do Rueiro.
  • Seoane e as andoriñas, 1996, Bule-Bule produccións-Maratón-Estudio.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán de Xosé-Carlos Fernández González, consultor de empresas que, entre 2015 e xullo de 2018, exerceu o cargo de director xeral da Fundació Navegació Oceànica Barcelona (FNOB) e promotor da Barcelona World Race 2018-2019 (BMR), que se suspendeu por falta de apoio dos patrocinadores.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terry, Nicolás (21/05/2018). "Xosé Carlos Fernández: «La BWR no es una franquicia, pertenece a Barcelona»". ABC (en castelán). Consultado o 2018-10-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]