Moshé Hess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moses Hess

Moritz Hess, coñecido como Moshé Hess, nado en Bonn en 1812 e finado en París en 1875, foi un precursor do que despois se coñecería como sionismo.

[editar] Traxectoria

Hess recibiu unha educación relixiosa tradicional do seu avó, máis tarde estudou filosofía na Universidade de Bonn e viviu en París como correspondente dun xornal socialista e viviu os acontecementos da comuna de París de 1848. Amigo e colaborador de Karl Marx e Frederick Engels nesa época era partidario da asimilación dos xudeus, e seguramente foron seus certos lemas marxistas, como o que a relixión é o opio do pobo. Pero logo dunha estadía en Alemaña entre 1861 e 1863 cambia o seu pensamento, adopta o nome de Moshé (Moisés) en protesta contra o asimilacionismo. Na súa obra Roma e Xerusalén fai un chamada a un rexurdir nacional xudeu en Xerusalén, inspirado no Risorgimento italiano que no seu momento non tivo éxito pero foi posteriormente recollido polo movemento sionista.

[editar] Obras

As súas obras máis importantes son:

  • Roma e Xerusalén (1862)
  • Historia santa da humanidade (1837)
  • Triarquía europea (1841).
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas