Monte de Santa Tegra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Monte de Santa Trega)

Sitúase o monte de Santa Tegra a 341 metros de altitude, no extremo máis sudoccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar privilexiado desde o que domina a desembocadura do río Miño.

O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico habitado desde moito antes do levantamento do Castro de Santa Tegra, como atestiguan os petroglifos alí atopados.

Xeografía en progreso: Este artigo de xeografía é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Ferramentas persoais