Mohéli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa xeral da illa
Mohéli (en branco) en relación as Comores (marrón)

Mohéli (tamén coñecido como Mwali), é unha das tres illas que conforman a nación das Comores, posúe unha superficie 290 km². A súa poboación en 1991, era ao redor de 24.000 habitantes. A súa capital é Fomboni. O seu grupo étnico como no resto das illas de Comoras e en Mayotte, é a etnia comorana, unha síntese das culturas bantú, árabe, malaia e malgache, e a súa relixión é o islam sunnita.

Historia[editar | editar a fonte]

Bandeira da illa
Bandeira separatista de Mohéli

Ata 1830 foi parte do sultanato de Ndzuwenie, que tamén controlaba a illa veciña de Anjouan. En 1830, emigrantes de Madagascar dirixidos por Ramanetaka, que despois cambiou o seu nome a Abderemane, chegaron á illa e estableceron o sultanato de Mwali. En 1886 Francia estableceu un protectorado na illa. Ata 1889 Mwali tiña o seu propio residente francés, pero a illa foi anexada á residencia de Anjouan. O sultanato foi abolido en 1909 cando os franceses anexionaron a illa.

En 1975, Mohéli aceptou unirse á nación das Comores, xunto con Gran Comora e Anjouan. A confusión e a desorde política, económico e social afectaron a Mohéli e ás Comores en xeral. O 11 de agosto de 1997 Mohéli separouse das Comores, unha semana despois que Anjouan fixese o mesmo. Os líderes secesionistas foron Said Mohamed Soefu que se converteu en presidente e Soidri Ahmed, que se converteu en Primeiro Ministro. Mohéli se reunificóu a Comores en 1998. No 2002, Mohéli ratificou a nova constitución comorana, que prové un goberno federal menos centralizado e máis poder aos gobernos das illas. Nese mesmo ano, Said Mohamed Fazul foi electo presidente. Os seus seguidores gañaron algúns escanos na delegación do Parlamento nas eleccións lexislativas de 2004 .

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mohéli