Gran Comora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Gran Comora.
Mapa de Gran Comora.
Gran Comora (en branco) en relación as Comoras (marrón claro).

Gran Comora (tamén coñecida como Grande Comore ou Ngazidja) é unha illa no Océano Índico na costa sur de África. É a maior illa das Comores cunha superficie de 1012,9 km². A maioría da súa poboación pertence á etnia comorana. En 1991 tiña unha poboación de 234.000 habitantes. A súa capital é Moroni, que tamén é a capital nacional. Segundo a constitución de 2002, é gobernada por un presidente electo, así como nas outras illas, co goberno federal que reduciu moito o seu poder.

Por varios séculos, Gran Comora estivo dividido en máis dunha ducia de sultanatos, incluíndo Bambao, Itsandra, Mitsamihuli, Bajini, Hambu, Washili, Hamahame, Mbude, Hamvu e LaDombe. Os sultáns eran coñecidos como falmes. En 1886 o gobernante de Bambao, Saidi Ali ibn Saidi Omar, unificou os sultanatos de Gran Comora no estado de Ngazidja, mantendo a autonomía nos outros sultanatos. Ese mesmo ano, Francia estableceu un protectorado sobre a illa e en 1893 Saidi Ali foi enviado ao exilio. En 1911 Francia anexionou a illa e os sultanatos foron abolidos. En 1975 Gran Comora se federóu con Anjouan e Mohéli para formar a nación das Comoras. En 1997 as Comoras comezou a disgregarse debido á secesión de Anjouan e Mohéli. Gran Comora converteuse na única illa baixo control federal. No 2002, con todo, Gran Comora foi reunificada coas outras illas baixo a nova constitución.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gran Comora