Anjouan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anjouan ou Ndzuwani é unha illa das Comores, localizada no Océano Índico. Ten 424 km² e unha poboación de 189.000. A capital é Mutsamudu.
[editar] Historia
Arredor de 1500 fúndase o sultanato de Ndzuwani. En 1866 convertese nun protectorado francés, e en 1912 Francia anexíonao. En 1975 Anjouan integra a nova República Federal Islámica das Comores. En 1997 as illas de Anjouan e Mohéli declaran a súa independencia das Comores, o goberno comoriano tenta reestablecer o seu control sobre as illas, pero fracasa. No ano 2000 co patrocinio da OUA principian as negociacións entre o goberno comoriano e os independentistas, dos acordos sae unha nova constitución (2002) que recoñece a autonomía de Anjouan.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Anjouan.net (En inglés e francés)