Mitrídates III de Partia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMitrídates III de Partia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo II a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte80 a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei (87 a. C.–80 a. C.) Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía arsácida de Partia Editar o valor em Wikidata
PaiMitrídates II da Pártia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mitrídates III ou Arsaces XIV foi rei do Imperio parto entre o -87 e o -80, usurpou a coroa a Orodes I, fillo e sucesor de Gotarces I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Figura de Mitrídates III[editar | editar a fonte]

Existen varias evidencias que nos levan a relacionar a Mitrídates III coa familia parta reinante, e que mesmo podería determinar a paternidade de Mitrídates. O primeiro é un documento en pedra da zona de Behistun, na zona occidental de Persia, de época de Mitrídates onde aparece o rei xunto a catro dignatarios do seu reino:

Kophasates, Mitrídates, o Confidente Mitrídates, Gotarces, Sátrapa de Sátrapas (e) o Rei de Reis, Mitrídates

O primeiro e o terceiro nome corresponde a personalidades menores, con todo o segundo, Mitrídates, podería facer referencia a Mitrídates III, como fillo de Mitrídates II e por tanto irmán de Gotarces I. A isto engadimos o feito que nas moedas cuñadas por Mitrídates III aparece o epíteto ΦΙΛΟΠΑΤΟΡΟΣ philopátoros (o que ama ao seu pai) o que podería facer referencia á súa relación coa dinastía reinante e así xustificar o seu ascenso ao trono[1]. Non obstante os investigadores carecen de suficientes datos para dar por definitiva esta relación paterno-filial.

Reinado[editar | editar a fonte]

En torno ao -87 menciónase en textos cuneiformes a referencia á entronización dun novo rei parto, que coincide no ano coa expulsión do tamén usurpador Sinatruces de Susa e da morte de Gotarces I.

Nos primeiros meses do seu reinado interveu na guerra entre os monarcas seléucidas Filipo I Filadelfo e Demetrio III Eucarios. O outrora poderoso imperio seleúcida quedara reducido ao territorio sirio ameazado constantemente polo expansionismo armenio. A acción de Mitrídates III foi en axuda de Filipo I cando este se achaba cercado polo seu irmán en Beroea. Mitrídates conseguiu derrotar e capturar a Demetrio, o cal morreu en Partia[2].

As relacións co reino de Armenia, dirixido por Tigranes o Grande sufriron unha considerábel deterioración. Tigranes, criado como refén na corte parta, fora aliado de Mitrídates II e tamén do seu fillo Gotarces I a quen casara coa súa filla Aryazate, e que moi posibelmente fosen os pais de Orodes I, que foi desposuído da sucesión por Mitrídates III. Tigranes aproveitou a situación delicada do reino parto para declarar a guerra, e desprenderse da súa tutela. Armenia logrou facerse cos territorios de Osroene, Adiabene, Gordiena e Atropatene e sometelos a vasalaxe:

"Cando tivo o poder, recuperou eses setenta vales e devastou o país dos partos, o territorio arredor de Nínive e Arbela. Suxeitou á súa autoridade Media Atropatene (en Acerbaixán), [...] e pola forza das armas obtivo posesión do resto de Mesopotamia e, tras cruzar o Éufrates, de Siria e Fenicia.
Estrabón 11.14.16

A debilidade do reino foi aproveitada por Orodes I quen lanzou unha campaña contra Mitrídates III nas satrapías occidentais. Orodes tomou Babilonia no ano -81 (o diario astronómico de Babilonia mencionan unha eclipse lunar no seu primeiro mes de reinado) continuou a guerra até a definitiva derrota (mención nos bronces de Susa o ano 233 SEM, agosto/setembro do ano -80 de Orodes I). Non se sabe nada sobre o destino de Mitrídates III, algunhas teorías apuntan a que quizais non morrese e fuxise cara ás rexións máis inaccesíbeis do norte do imperio, onde falecería ao ano seguinte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. GHOLAMREZA, F. Assar A Revised Parthian Chronology of the Period 91-55 BC. PARTHICA: incontri di culture nel mondo antico. Istituti editoriali e poligrafici internazionali (Pisa-Roma). 2006, n. 8, p. 69 e ss
  2. Flavio Xosefo, Antigüidades Xudías, 13.384-386