Mimachlamys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Valva esquerda da cuncha de Mimachlamys crassicostata
Mimachlamys sanguinea

Mimachlamys é un xénero de moluscos bivalvos da orde dos pectínidos (orde), superfamilia dos pectinoideos e familia dos pectínidos.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1929 por Tom Iredale,[2] malacólogo inglés residente en Australia, no seu traballo:

Iredale, T. (1929): "Mollusca from the continental shelf of eastern Australia". Records of the Australian Museum 17 (4): 157-189.

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Chlamys (Mimachlamys) Iredale, 1929

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dentro do xéneero as seguintes especies:[2]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

O hábitat das especies deste xénero son fondos dos océanos temperados, até unha profundidade de varios centos de metros, desde o sur de Australia até Indonesia e, polo norte, até as Filipinas. Algunhas especies do xénero Mimachlamys conservan os seus fíos bisais durante a idade adulta e non nadan libremente.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Nas especies deste xénero, as dúas valvas son convexas, aínda que a valva esquerda é máis convexa que a dereita. As aurículas, proxeccións en forma de orellas a ambos os lados da bisagra, son desiguais en tamaño, sendo sempre a anterior moito máis grande que a posterior. A raigaña bisal é profunda, e as valvas son xeralmente similares na súa escultura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lazo, D. (2007): "Early Cretaceous bivalves of the Neuquén Basin, west-central Argentina: notes on taxonomy, palaeobiogeography and palaeoecology". Geological Journal 42 (2): 127–142.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mimachlamys Iredale, 1929 no WoRMS. Consultado o 30 de agosto de 2022.
  3. Iredale, T. (1929): "Mollusca from the Continental Shelf of eastern Australia Nº 2". Records of the Australian Museum. Australian Museum, Sydney. 17 (4): 163.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]