Millennium Center
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Vršac |
| Inauguración | 5 de abril de 2001 |
| Capacidade | 5.000 espectadores[1] |
| Localía | KK Hemofarm (NLB) |
| Eventos | |
|
|
O Millennium Center (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, Serbia, na provincia de Voivodina. O Millennium Center acolleu algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro. A súa capacidade é de 5.000 espectadores[2] e o equipo local de baloncesto, o Hemofarm, xoga nel os seus encontros.
Índice |
Deportes[editar]
O club máis famoso que utiliza o pavillón habitualmente é o KK Hemofarm, o club de baloncesto local. Ademais o Millennium Center acolleu a fase preliminar do grupo A do Eurobasket de 2005, formado polas seleccións nacionais de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína.