Miguel Filipe Nunes Cardoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Cardoso
Información persoal
Nome Miguel Filipe Nunes Cardoso
Nacemento 19 de xuño de 1994 (29 anos)
Lugar de nacemento São Sebastião da Pedreira
Altura 1,76 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual Belenenses SAD
Carreira xuvenil
2009–2011 Benfica
2011–2012 Casa Pia
2012–2013 Real Sport Clube
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2014 Real Sport Clube 30 (6)
2014–2015 Deportivo B 51 (19)
2015–2016 Deportivo da Coruña 3 (0)
2016União da Madeira (cedido) 10 (0)
2016–2018 Tondela 64 (9)
2018– Dynamo Moscova 22 (4)
2020Tambov (cedido) 1 (0)
2020–Belenenses SAD (cedido) 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de marzo de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Miguel Filipe Nunes Cardoso, nado en Lisboa o 19 de xuño de 1994, é un futbolista portugués. Xoga de extremo e o seu equipo actual é o Belenenses SAD, cedido polo FC Dynamo Moscova.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 29 de xaneiro de 2014 anunciouse a súa incorporación no Deportivo da Coruña B, até o final da tempada 2013/14.[1] na que xogou 14 partidos e meteu dous goles, polo que ampriou o seu contrato un ano máis.[2] Na tempada 2014–15 fíxose peza clave do equipo dirixido por Manuel Mosquera xogando 37 partidos e marcando 17 goles, incluídos dous hat-tricks, sendo o máximo goleador do equipo do campionato. En decembro de 2014 foi convocado co primeiro equipo para un partido da Copa do Rei fronte o Málaga, pero non chegou a debutar. O 31 de marzo de 2015 renovou co Deportivo por dúas tempadas máis con posibilidade de estenderse outras 3, é dicir, ata o ano 2020.[3]

O 28 de xaneiro de 2016 anunciouse a súa cesión á União da Madeira, na Primeira Liga, até o final da tempada 2016–17.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]