Metahemoglobina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A metahemoglobina é unha forma da metaloproteína transportadora de oxíxeno hemoglobina, na cal o ferro do grupo hemo está en estado férrico (Fe3+), e non no estado ferroso (Fe2+) da hemoglobina normal. A metahemoglobina non pode unirse ao oxíxeno, a diferenza da oxihemoglobina, que si pode.[1] Ten unha cor castaña chocolate azulada. No sangue humano é normal que exista unha cantidade traza de metahemoglobina que se produce espontaneamente. Pero cando está presente en exceso, o sangue toma unha cor anormal castaña azulada escura. O encima, dependente do NADH, metahemoglobina redutase (ou diaforase I) é responsable de volver a converter a metahemoglobina en hemoglobina.

Estrutura do encima que converte a metahemoglobina en hemoglobina.[2]

Normalmente do 1 ao 2 % da hemoglobina dunha persoa é metahemoglobina; se hai unha porcentaxe maior iso pode deberse á exposición a certos compostos químicos e dependendo do nivel ao que se chegue pode causar problemas de saúde denominados metahemoglobinemia. Un maior nivel de metahemoglobina tende a facer que a lectura dun oxímetro de pulso (aparello que mide a saturación de oxíxeno no sangue) sexa próxima ao 85% independentemente de cal sexa o verdadeiro nivel de saturación de oxíxeno.[3]

Causas comúns[editar | editar a fonte]

Os niveis elevados de metahemoglobina poden darse nos seguintes casos:

Usos terapéuticos[editar | editar a fonte]

O amil nitrito adminístrase para tratar o envelenamento de cianuro. Funciona convertendo a hemoglobina en metahemoglobina, á que se pode unir o cianuro e a formación de cianometahemoglobina non tóxica.[9]

Saturación de metahemoglobina[editar | editar a fonte]

A saturación de metahemoglobina exprésase como unha porcentaxe de hemoglobina en estado de metahemoglobina, é dicir, a metHb en proporción á Hb.

Manchas de sangue[editar | editar a fonte]

Nas manchas de sangue pode observarse a presenza da metahemoglobina. Despois de saír do corpo, as manchas de sangue cambian do vermello brillante ao castaño escuro, o cal se atribúe á oxidación da oxihemoglobina (HbO2) a metahemoglobina (metHb) e hemicromo (HC).[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.rtso.ca/themes/acquia_marina/student/Methemoglobi1.htm
  2. Bando, S.; Takano, T.; Yubisui, T.; Shirabe, K.; Takeshita, M.; Nakagawa, A. (2004). "Structure of human erythrocyte NADH-cytochromeb5reductase". Acta Crystallographica Section D Biological Crystallography 60 (11): 1929–1934. doi:10.1107/S0907444904020645. PMID 15502298.
  3. Denshaw-Burke, Mary (2006-11-07). "Methemoglobinema". http://www.emedicine.com/med/TOPIC1466.HTM. Consultado o 2008-03-31.
  4. Manassaram, D. M.; Backer, L. C.; Messing, R.; Fleming, L. E.; Luke, B.; Monteilh, C. P. (2010). "Nitrates in drinking water and methemoglobin levels in pregnancy: A longitudinal study". Environmental Health 9: 60. doi:10.1186/1476-069X-9-60. PMC 2967503. PMID 20946657.
  5. Stucke, Astrid G. M.D.; Riess, Matthias L. M.D., Ph.D.; Connolly, Lois A. M.D. Hemoglobin M (Milwaukee) Affects Arterial Oxygen Saturation and Makes Pulse Oximetry Unreliable. Anesthesiology: April 2006 - Volume 104 - Issue 4 - pp 887-888. [1]
  6. http://www.fda.gov/Drugs/DrugSafety/ucm250024.htm
  7. http://abcnews.go.com/Health/blue-skinned-people-kentucky-reveal-todays-genetic-lesson/story?id=15759819#.T2oS0HqV2So
  8. Andrew L. Allen. The diagnosis of acetaminophen toxicosis in a cat. Can Vet J. 2003 June; 44(6): 509–510. PMCID PMC340185. [2]
  9. Vale, J. A. (2001). "Cyanide Antidotes: from Amyl Nitrite to Hydroxocobalamin - Which Antidote is Best?". Toxicology 168 (1): 37–38.
  10. Bremmer et al PloS One 2011 http://www.plosone.org/article/info:doi/10.1371/journal.pone.0021845

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]