Maurice Barrymore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maurice Barrymore

Herbert Arthur Chamberlayne Blyth, nado en Agra (India) o 21 de setembro de 1849 e finado en Amityville (Nova York) o 25 de marzo de 1905, foi un actor estadounidense, máis coñecido como Maurice Barrymore. Foi o fundador da coñecida familia de actores, os Barrymore.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito en Oxford (Inglaterra). En 1872 gañou o campionato de boxeo de peso medio de Inglaterra. En 1873 renunciou á súa carreira polo teatro, en 1874 marchou aos Estados Unidos, e ao ano seguinte entrou na compañía de August Daly e debutou con Under the Gaslight (1867). En 1876 casou coa actriz Georgianna "Georgie" Emma Drew (1856-1893), filla do actor irlandés John Drew.

Os seus fillos foron os actores John, Lionel e Ethel Barrymore.