Marun Laham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarun Laham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Irbid, Xordania (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo auxiliar
19 de xaneiro de 2012 – 4 de febreiro de 2017
Arcebispo titular
19 de xaneiro de 2012 –
Diocese: titular see of Medaba (en) Traducir
Archbishop of the Roman Catholic Archdiocese of Tunis (en) Traducir
22 de maio de 2010 –
← sen valor – Hilário Antoniazzi (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Tunes (pt) Traducir
Bispo de Tunes
8 de setembro de 2005 –
← Fuad TualSupresión do cargo →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXordania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2005–), sacerdote católico (1972–), profesor universitario Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMichel Sabbah Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Marun Laham (en árabe: مارون لحّام, "Mārūn Laḥḥām"), nado o 20 de xullo de 1948 en Irbid (Xordania), é un eclesiástico católico latino árabe, arcebispo de Tunes entre 2005 e 2012, e vigairo patriarcal en Xordania entre 2012 e 2017

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Irbid, o 20 de xullo de 1948. Entre 1961 e 1972 estudou Filosofía e Teoloxía no seminario patriarcal de Bait Xala. O 24 de xuño de 1972 foi ordenado sacerdote do patriarcado latino de Xerusalén polo patriarca Giacomo Giuseppe Beltritti.

Entre 1972 e 1975 foi vigairo parroquial de Cristo Rei en Amán, e entre 1975 e 1976 vigairo parroquial en Al-Fuhais. Marchou como misioneiro fidei donum a Dubai, onde atendeu ás diferentes comunidades cristiás. Volveu en 1979 a Amán como vigairo, e entre 1981 e 1988 foi párroco en Madaba.

Entre 1988 e 1992 doutorouse en Teoloxía pastoral pola Pontificia Universidade Lateranense, cunha tese sobre a catequese de adultos no territorio patriarcal, e á súa volta a Xerusalén foi encargado de dirixir as escolas patriarcais até 1994, e posteriormente foi reitor do seminario de Bait Xala.

O 8 de setembro de 2005 foi nomeado bispo de Tunes polo papa Bieito XVI. Recibiu a conagración episcopal de mans do patriarca Mixail Saba o 2 de outubro. Cando a sé foi elevada a arquidiocese o 22 de maio de 2010, pasou a ser o seu arcebispo.

O 19 de xaneiro de 2012 Bieito XVI nomeouno vigairo patriarcal de Xordania, arcebispo auxiliar de Xerusalén e arcebispo titular de Medaba. Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 4 de febreiro de 2017.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Fuad Twal
 Bispo de Tunes 
2005 - 2010
Sucesor:
(Elevación da sé)
Predecesor:
(Elevación da sé)
 Arcebispo de Tunes 
2010 - 2012
Sucesor:
Ilario Antoniazzi
Predecesor:
Salim al-Sair
 Bispo auxiliar de Xerusalén
Vigairo patriarcal para Xordania
 
2012 - 2017
Sucesor:
Wiliam Xumali