Fuad Tual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
فؤاد طوال
Fuad Tual
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1940 en Madaba, Xordania
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1966
Consagración episcopal22 de xullo de 1992, por Mixail Saba
Patriarca de Xerusalén dos latinos
Gran Prior dos Cabaleiros da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro
2008 - 2016
PredecesorMixail Saba
SucesorPierbattista Pizzaballa (administrador apostólico)
Outros

Escudo de Fuad Tual
Paratum cor meum
Ficha en catholic-hierarchy.org

Fuad Tual[1][2] (en árabe فؤاد طوال), nado o 23 de outubro de 1940 en Madaba (Xordania),[3] é un arcebispo católico latino palestino, patriarca de Xerusalén dende xuño de 2008 até xuño de 2016. Tual foi tamén o Gran Prior da Orde do Santo Sepulcro, e exerceu de Presidente da Asemblea de Ordinarios Católicos da Terra Santa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1966,[3] e seguidamente foi vigairo de Ramalla. En 1972 entrou na Pontificia Universidade Lateranense para realizar estudos en Dereito Canónico, conseguindo o doutoramento en 1975.[4] Foi nomeado prelado da prelatura territorial de Tunes polo papa Xoán Paulo II o 30 de maio de 1992. Foi consagrado bispo o 22 de xullo dese ano polo patriarca Mixail Saba.[3] O 31 de maio de 1995, a prelatura territorial foi elevada a diocese,[5] e Tual foi nomeado arcebispo ad personam. En 2005, o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor de Xerusalén. Sucedeu a Mixail Saba como patriarca o 21 de xuño de 2008[3] e foi entronizado na basílica do Santo Sepulcro da devandita cidade ao día seguinte.[6]

O 29 de xuño de 2008, Fuad Tual recibiu o palio das mans de Bieito XVI nunha misa na basílica de San Pedro.[4] O 7 de marzo de 2009 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[7]

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco confirmouno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007) (véxase WP:TRL).
  2. Tamén romanizado como Fouad Twal, Fuad Tuwal, Fuad Twal, e Fouad Tuwal.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Cheney, David M. catholic-hierarchy.org, ed. "Patriarch Fouad Twal". 
  4. 4,0 4,1 "Government of the Order". The Equestrian Order of the Holy Sepulchre of Jerusalem in Ireland. Equestrian Order of the Holy Sepulchre, Lieutenancy of Ireland. 
  5. Cheney, David M. catholic-hierarchy.org, ed. "Archdiocese of Tunis". 
  6. Radio Vaticano, ed. (21 de xuño de 2008). "Pope Names Arch. Fouad Twal Patriarch of Jerusalem". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2014. 
  7. "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0149). 7 de marzo de 2009. Il Papa ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali: Sua Beatitudine Fouad Twal [...] 
  8. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha confermato Membri [...] Sua Beatitudine Fouad Twal. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Michel Callens
 Prelado de Tunes 
1992 - 1995
Sucesor:
(Elevación da sé)
Predecesor:
(Elevación da sé)
 Arcebispo de Tunes 
1995 - 2005
Sucesor:
Marun Laham
Predecesor:
Mixail Saba
 Patriarca de Xerusalén 
2008 - 2016
Sucesor:
Pierbattista Pizzaballa
(Administrador apostólico)