Markel Lozano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lozano
Información persoal
Nome Markel Lozano Llona
Nacemento 3 de maio de 1996
Lugar de nacemento Bilbao
Altura 1,89 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 16
Carreira xuvenil
Lauro Ikastola
2013–2015 Indartsu
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2018 Basconia 31 (0)
2016–2017 Zamudio 24 (0)
2017–2018 Arenas de Getxo 20 (0)
2018–2019 Arenas de Getxo 14 (0)
2019–2020 Amorebieta 37 (0)
2020–2021 Celta B 28 (1)
2021–2022 Amorebieta 34 (0)
2022–2023 UD Logroñés 37 (0)
2023– Ponferradina 6 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Markel Lozano Llona, nado en Bilbao o 3 de maio de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Lauro Ikastola e do Indartsu, ata que en 2015 ingresou na estrutura do Athletic Club, para militar no segundo filial, o Basconia, na Tercera División.[1] Para a campaña 2016/17 foi cedido ao Zamudio, da Segunda División B,[2] e volveu saír cedido na seguinte, desta vez ao Arenas de Getxo, da mesma categoría.[3]

En xuño de 2018, cando expiraba o seu contrato co Athletic, fichou definitivamente polo Arenas.[4] Con todo, a pesar de ser titular indiscutible, deixou o equipo en xaneiro, asinando co Amorebieta, tamén de Segunda B.[5] Un ano despois, en xaneiro de 2020 incorporouse ao Celta de Vigo e foi destinado ao filial de Segunda B.[6]

En xullo de 2021 regresou ao Amorebieta, que acababa de ascender á Segunda División.[7] Xogou 34 partidos co equipo vasco na categoría de prata, sen conseguir o obxectivo da permanencia. Na tempada 2022/23 xogou na Primeira División RFEF, nas filas da UD Logroñés, e foi titular en tódolos partidos do campionato excepto nun, no que estivo ausente por acumulación de cartóns amarelos. Con todo, o equipo rioxano acabou descendendo ao remate da competición.

No verán de 2023 fichou pola Ponferradina, tamén de Primeira RFEF.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Markel Lozano nuevo fichaje para la próxima temporada del Basconia desde el Indartsu" (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  2. "Lozano y Luariz refuerzan al Zamudio" (en castelán). 31 de agosto de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  3. "El Arenas logra la cesión de Markel Lozano" (en castelán). 28 de xullo de 2017. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  4. "Markel Lozano se queda en Gobela" (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  5. "El Amorebieta, el Arenas y el Gernika presentan novedades" (en castelán). 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  6. Romero, Fernando (30 de xaneior de 2020). "Markel Lozano se marcha al Celta B" (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  7. "Mikel San José, opción para la SD Amorebieta" (en castelán). 6 de xullo de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2023. 
  8. "La Ponferradina cierra el fichaje de Markel Lozano" (en castelán). 12 de xullo de 2023. Consultado o 4 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]