Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Unión Deportiva Logroñés é un club de fútbol español da cidade de Logroño, na Rioxa. Foi fundado o 24 de xuño de 2009,[1] tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea,[2] e na actualidade xoga no Grupo II da Segunda División B.
O club foi inscrito o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, que o 31 de maio de 2009 conseguira o ascenso a Segunda División B.
- Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón negro e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta arlequinada branca e azul, pantalón branco e medias azuis.
O Estadio Municipal Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos a Unión Deportiva Logroñés. Está situado ao sur de Logroño xunto ao Palacio dos Deportes da Rioxa.
Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2002 cun partido amigable entre o Club Deportivo Logroñés e o Deportivo Alavés. Ten capacidade para 16.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 104 × 66 metros. Os asentos son de cor branco e vermello e forman a inscrición Gaunas.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 4
- Tempadas en 3ª: 0
- Mellor posto na liga: 5º (2ªB, tempada 2011-12)
Historial na liga [editar]
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 2009/10 |
2ªB |
9º |
| 2010/11 |
2ªB |
6º |
| 2011/12 |
2ªB |
5º |
| 2012/13 |
2ªB |
- |
Cadro 2010/11 [editar]
Non gañou ata o momento ningún torneo.
O UD Logroñés conta cun filial, o Unión Deportiva Logroñés B, no Grupo XV de Terceira División. Foi fundado en 2009.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]