Mark Rutte
| Mark Rutte | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Primeiro ministro dos Países Baixos | |||
| Período: | 14 de outubro de 2010 - actualidade | ||
| Antecesor: | Jan Peter Balkenende | ||
| Sucesor: | |||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 14 de febreiro de 1967 | ||
| Lugar: | A Haia, Países Baixos, Países Baixos | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Volkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | |||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | historiador e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Mark Rutte, nado na Haia o 14 de febreiro de 1967, historiador e político, é o actual primeiro-ministro de Países Baixos.
Biografía [editar]
Mark Rutte naceu en A Haia o 14 de febreiro de 1967 no seo dunha familia fiel á Igrexa reformada holandesa. Eles militaban no Partido Anti Revolucionario e logo na Chamada Democristiana.
Ruttegraduouse en Historia dos Países Baixos na Universidade de Leiden en 1992. Mentres estudaba na universidade, el formou parte da Xunta Directiva da organización xuvenil do Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (VVD polas súas siglas en neerlandés), un partido liberal de centro-dereita; sendo presidente desa rama xuvenil entre 1988 e 1991.
O mesmo ano da súa graduación na universidade, 1992, Rutte entrou a traballar na empresa multinacional de capital británico e neerlandés Unilever; ocupándose da formación e capacitación do persoal, e participando en varias reorganizacións, ata o 1997 cando foi ascendido a xefe de persoal ao servizo de Van den Bergh Netherlands. No 2000 Rutte foi designado para o Grupo Corporativo de Recursos Humanos. No 2002 el foi nomeado Director de Recursos Humanos de IGLOMora Groep BV, unha subsidiaria de Unilever.
Paralelamente Rutte proseguía coa súa carreira política como membro da Xunta Directiva do VVD entre 1993 e 1997; e no 2002 foi membro do comité do partido encargado das nominacións para as eleccións parlamentarias dese ano.
O 22 de xullo do 2002 Rutte foi nomeado Secretario de Estado (cargo equivalente a vice ministro na estrutura constitucional neerlandesa) de Asuntos Sociais e Emprego; permaneceu nese cargo ata o 16 de xuño do 2004. Entre o 16 de xuño do 2004 e o 27 de xuño do 2006 foi Secretario de Estado de Educación, Cultura e Ciencia. O 2010 tornouse o primeiro liberal elixido primeiro ministro en 92 anos.[1]
Notas [editar]
- ↑ "Mark Rutte: eerste liberale premier sinds 1918". Eenvandaag.nl.
| Primeiro Ministro dos Países Baixos | ||
|---|---|---|
Segue a: Jan Peter Balkenende |
Mark Rutte
(2010-presente)
|
Precede a: en funcións |
| 'Volkspartij voor Vrijheid en Democratie - VVD | ||