Margarita Díaz-Andreu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1962 (61 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Archaeoacoustics (en) |
Ocupación | arqueóloga |
Empregador | Catalan Institution for Research and Advanced Studies (en) (2012–) Universidade de Barcelona (2012–) Universidade de Durham (pt) , reader (en) (1996–2011) Universidade Complutense de Madrid (1995–1996) Universidade de Southampton (pt) , investigadora pós-doutoral (pt) (1992–1993) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Páxina web | icrea.cat… |
Margarita Díaz-Andreu García, nada o 13 de outubro de 1962, é unha arqueóloga e investigadora española.[1] É directora e investigadora principal do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona (UB), cuxo obxectivo é «analizar dunha maneira crítica o papel da muller na arqueoloxía española, dende a profesionalización da disciplina no século XIX até os nosos días".[2] En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Díaz-Andreu licenciouse en 1986 na [[Universidade Complutense de Madrid] (UCM) onde recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento en 1990.[4] As súas investigacións e traballos están moi ligados á arte rupestre.[5] Ocupou diversos cargos de responsabilidade no Consello Superior de Investigacións Científicas (1993-1994), na Universidade Complutense de Madrid (1993-1995) e na Universidade de Durham (1996-2011).[6]
É pioneira na investigación sobre Patrimonio Arqueolóxico, investigadora do ICREA e dirixe o Grupo de Arqueoloxía Pública e Patrimonio (GAPP).[7] Ademais, forma parte do Proxecto Arqueoloxía Sen Fronteiras.[8]
Como directora do proxecto ArqueólogAs da Universidade de Barcelona, Díaz-Andreu é a encargada de recuperar a memoria de mulleres que pertenceron á ciencia e formaron parte da Historia,[9] aplicándolles a perspectiva de xénero. As súas investigacións transcenderon a España e chegaron a Francia e Inglaterra.[10]
É autora de 16 libros, 9 deles editados, algúns publicados en editoriais internacionais de renome (Oxford University Press, Routledge) e outros en forma de números especiais en revistas internacionais de prestixio. Tamén publicou máis de 70 artigos e case un centenar de capítulos de libros.[7]
É vicepresidenta da Comisión de Historia da Arqueoloxía da Unión Internacional de Ciencias Prehistóricas e Protohistóricas. Tamén pertence ao consello de redacción de American Anthropologist, Spanish Historical Index e forma parte do consello asesor da revista "Prehistory Works". Así mesmo, é membro da Rede de Valores do Patrimonio (proxecto JPI-JHEP).[8]
En 2023, despois de anos de denuncias de acoso laboral por parte dos seus subordinados foi apartada pola UB.[11]
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1990, Díaz-Andreu gañou o premio extraordinario de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid.[12] En 2018, recibiu unha gran subvención do Consello Europeo de Investigación (ERC) que só se concede a investigadores sénior.[13][14]
En 2021 gañou o Premio Nacional de Investigación outorgado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, de España.[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "HOTSAK/SONIDOS: Más allá del sonido con Margarita Díaz-Andreu | Jakiunde". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2021. Consultado o 2021-04-25.
- ↑ "Equipo ArqueólogAs" (en castelán). Consultado o 2021-04-25.
- ↑ "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". www.ciencia.gob.es. Consultado o 2021-11-23.
- ↑ "Dra. Margarita Díaz-Andreu". Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "Dra. Margarita Díaz-Andreu, autor en Fundación Palarq" (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "Díaz-Andreu García, A. Margarita" (en inglés). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ 7,0 7,1 "Margarita Díaz-Andreu" (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ 8,0 8,1 "Miembros" (en castelán). 2014-02-13. Consultado o 2021-04-24.
- ↑ Redacción (2020-11-09). "La UA participa en ArqueólogAs, un proyecto sobre la mujer en la arqueología española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "ArqueólogAs, un proyecto que recupera la memoria de las mujeres". EFeminista.
- ↑ Pareja, Pol (2023-03-29). "El maltrato de una premiada arqueóloga a sus investigadoras: “Llegué a sentirme como su esclava”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-03-30.
- ↑ "Arqueólogos del presente | Reportajes | MG Magazine". Consultado o 2021-04-24.
- ↑ ub. "Margarita Díaz-Andreu obtiene una Advanced Grant del Consejo Europeo de Investigación para investigar las características acústicas del arte rupestre - Universitat de Barcelona" (en catalán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "La UE financia 18 proyectos de ciencia excelente española" (en castelán). Consultado o 2021-04-24.
- ↑ "La Moncloa. 22/11/2021. Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021 [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]" (en castelán). Consultado o 2021-11-23.