Marcelle Lagesse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcelle Lagesse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie Rita Marcelle Lagesse Editar o valor em Wikidata
7 de febreiro de 1916 Editar o valor em Wikidata
Quatre Bornes, Mauricio Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 2011 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeMauricio (1968–)
Reino Unido (1916–1968) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturga , novelista , xornalista , historiadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios


Marie Rita Marcelle Lagesse, nada en Quatre Bornes o 7 de febreiro de 1916[1] e finada o 8 de marzo de 2011, foi unha xornalista e escritora mauriciana en lingua francesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo nova casou con Gaston Lagesse. Enviuvou e foi vivir ás illas Salomón, onde o seu pai era administrador. Viviu alí entre 1938 e 1942, cando regresou Mauricio. En 1945 publicou o libro de relatos Les contes du samedi co pseudónimo de Rita Marc.[1] En 1958 publicou a novela La Diligence s'éloigne à l'aube, recoñecida co Premio Robert Bargues.[2] Entre 1942 e 1950 colaborou en Savez vous que?, a publicación oficial da Oficina de Relacións Públicas de Mauricio. Lagesse escribiu tamén nos xornais Le Cernéen, Le Mauricien e Advance. Entre 1961 e 1971 escribiu unha columna semanal no periódico Action. Lagesse deixou o xornalismo en 1987.[1]

As súas novelas foron traducidas ao ruso e inglés. Lagesse escribiu varias obras de teatro, e unha peza de teatro radiofónico para a Office de Radiodiffusion Télévision Française, Villebague.[1] Tamén investigou sobre a historia de Mauricio, obras que publicou a través de Editions des Archives de l'île Maurice.[2]

Foi nomeada oficial da Orde das Palmas Académicas e Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito de Francia. En 1981 foille concedida a cidadanía francesa.[1] Foi elevada ao rango de Oficial da Orde da Estrela e a Chave do océano Índico en 2015.[3] Morreu aos 95 anos logo dunha longa doenza.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Les contes du samedi (relatos, 1945)
  • La diligence s'éloigne à l'aube (novela, 1958). Premio Robert Bargues
  • Le vingt Floréal au matin (novela, 1960)
  • Villebague (novela)
  • Cette maison pleine de fantômes’' (novela, 1962)
  • D'un Carnet (novela)
  • A la découverte de l'Ile Maurice (ensaio, 1970)
  • Sont amis que vent emporte (novela, 1974). Premio des Mascareignes
  • Des pas sur le sable (novela, 1975)
  • Villebague (novela)
  • Une lanterne au mat d'artimon (novela)
  • L'Ile de France avant La Bourdonnais (ensaio)
  • L'Hôtel du Gouvernement (ensaio)
  • Blyth Brothers & Co. Ltd. (ensaio)
  • Maurice vue du ciel
  • 150 ans de jeunesse, Histoire de la Mauritius Commercial Bank (ensaio)
  • Une jeune femme au Mont Limon (novela, 1993)
  • Les Palmiers de la Source (teatro)
  • Comme un feu de Proue (teatro)
  • L'Amour à travers les âges (teatro)
  • Un homme parmi les autres (teatro)
  • Chantons la liberté (teatro)
  • Villebague (teatro)
  • Carolyne (teatro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Cassiau-Haurie, C. (9 de maio de 2011). "Marcelle Lagesse, doyenne des lettres mauriciennes: une carrière unique". Africultures (en francés). 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Marcelle Lagesse, "un symbole de la littérature mauricienne" s’en est allée". L'Express (en francés) (Mauritius). 8 de marzo de 2011. 
  3. "Les décorés du 12 mars: Consécration pour les "Viré Mam"". Le Mauricien (en francés). 15 de marzo de 2015. Consultado o 2 de abril de 2019.