Marcel Moyse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcel Moyse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marcel Joseph Moyse Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1889 Editar o valor em Wikidata
Saint-Amour, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Brattleboro, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoFrauta Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

Musicbrainz: fb617449-fbd2-453e-a7ba-736aed4f2acb Discogs: 1659281 Editar o valor em Wikidata

Marcel Joseph Moyse, nado o 17 de maio de 1889 e finado o 1 de novembro de 1984, foi un famoso frautista francés para o que se escribiron moitas pezas (por exemplo, o Concerto de Jacques Ibert en 1934). Tamén foi un gran mestre de frauta e autor de numerosos estudos e exercicios de frauta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en St. Amour, Francia. Estudou no Conservatorio de París e foi alumno de Philippe Gaubert, Adolphe Hennebains e Claude-Paul Taffanel, que eran distinguidos virtuosos do seu tempo. O seu ton característico era limpo, flexible e penetrante. Este era o estilo francés de frauta que ía influenciar no criterio moderno dos frautistas de todo o mundo.

Marcel Moyse foi o fundador da Academia de Música e Festival Marlboro. Era un inspirado mestre que se esforzaba en ensinar aos seus alumnos non como tocar a frauta mais facer música. Actuaba decotío xunto ao seu fillo Louis Moyse (1912-2007). Algúns dos seus alumnos foron Trevor Wye, William Bennett, Sir James Galway, Jean-Claude Gérard e Conrad Klemm.

Marcel Moyse finou o 1 de novembro de 1984 en Brattleboro, Vermont, en Estados Unidos.

Entre os moitos estudos que escribiu, destaca Tone Development Through Interpretation, publicado por McGinnis & Marx.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1921
    • Etudes et Exercises Technique
  • 1922
    • Exercises Journaliers
  • 1927
    • 24 Etudes de Virtuosity Czerny
    • Mecanisme Chromatisme pour Flute : Leduc
    • Ecole de l'articulation : Leduc
  • 1928
    • 25 Etudes Melodique (Var)
    • Chopin : 12 Etudes de Grand Virtuosity : Leduc
    • 20 Etudes d'apres Kreutzer
    • 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 1
    • 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 2
    • 24 Petites Etudes Melodique (Var)
  • 1934
    • De la Sonorite
  • Outros
    • 25 Etudes Journalier (Op-53) Soussman
    • Gammes et Arpeges : Leduc
    • Le Debutant Flutiste (1935)
    • 24 Caprices-Etudes : Boehm Op. 26 (1938)
    • Tone Development Through Interpretation
    • 20 Exercises et Etudes sur les Grandes Liaisons

Gravacións[editar | editar a fonte]

Arquivos[editar | editar a fonte]

  • Os documentos de Marcel Moyse están na División de Música da Biblioteca Pública de Nova York para as Artes escénicas, en Nova York. A colección inclúe: fotografías inéditas; cartas a Moyse de músicos coñecidos como Gaubert, Ibert ou Rampal; manuscritos dos libros de estudo non publicados; son e cintas de vídeo de leccións e clases maxistrais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]