James Galway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JAMES GALWAY
Jeanne and James Galway.jpg
James Galway e a súa dona, Jeanne Galway
Nome completo James Galway
Alias
Naceu 8 de decembro de 1939
Orixe Belfast, Irlanda do Norte Flag of Northern Ireland.svg
Morreu
Ocupación (s) frautista
Xénero
Instrumento(s) frauta traveseira
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo
Web Site oficial

Sir James Galway, (Irlanda do Norte, 8 de decembro de 1939), coñecido coma o home da frauta dourada, é un dos maiores virtuosos dese instrumento. Naceu en Belfast.

Seguindo os pasos de Jean-Pierre Rampal, convertiuse nun dos primeiros frautistas que recorreron a súa carreira musical como solista. A Raíña Isabel II nomeouno sir en xuño de 2001.

Índice

Educación [editar]

James Galway estudou no Royal College of Music con John Francis e logo na Guildhall School of Music con Geoffrey Gilbert. Logo estudou no Conservatorio de París con Gaston Crunelle e Jean-Pierre Rampal e tamén recibiu clases particulares con Marcel Moyse.

Biografía [editar]

Logo do seu período de estudo, traballou 15 anos en orquestras. Galway tocou na Philharmonia Orchestra nos anos cincuenta.

Logo desto tocou coa Sadler's Wells Opera, Covent Garden Opera, a London Symphony Orchestra e a Royal Philharmonic Orchestra.

Pertenceu á Orquestra Filharmónica de Berlín, onde tocou como frauta primeira entre 1969 e 1979. Para sorpresa de Herbert von Karajan, e tras un período de desencontros, “Jimmy” Galway decidiu iniciar unha carreira en solitario que finalmente foi dun enorme éxito. Ainda hoxe adícase regularmente á interpretación, e é un dos frautistas máis recoñecidos internacionalmente. Compositores coma o español Joaquín Rodrigo ou o inglés Malcolm Arnold, por quen ten mostrado a súa admiración en repetidas ocasións, adicáronlle algunhas das súas obras.

Ademais de concertos de repertorio clásico, tamén toca programas de músic contemporánea. O álbum "In Ireland", gravado por James Galway e The Chieftains superou o número 32 nas listas de vendas do Reino Unido.

É o frautista principal do London Mozart Players, con sede en Londres.

Hai pouco, Sir James participou na gravación da banda sonora da triloxía de O Señor dos Aneis, gañadora dun Oscar da Academia Americana de Cine.

Na actualidade reside en Meggen (Suíza) coa súa dona, a frautista estadounidense Jeanne Galway.

Curiosidades [editar]

A frauta de Galway foi manufacturada en ouro polo equipo da casa xaponesa Muramatsu.

Vendeu máis de 30 millóns de discos.

O sobriño de James, Martin Galway é un músico famoso polo seu traballo nos xogos de Commodore 64 durante os anos oitenta.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]