Maravalla
| Maravalla | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Maravalla |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Calendula officinalis'' L. |
|||||||||||||||
A maravalla (Calendula officinalis), tamén coñecida como caléndula, é unha planta do xénero Calendula. Era usada na Grecia, Roma, Arabia e India antigas como planta medicinal, como corante téxtil, corante alimentario e en cosméticos.
As follas e pétalos da maravalla son comestíbeis, de modo que os pétalos se adicionan aos pratos como gornición en substitución do sasafrán. As follas poden ser doces mais son xeralmente amargas, e poden usarse nas ensaladas.
Tratase dunha planta bastante cultivada e medra facilmente en lugares soalleiros na maioria dos solos.[1]
Farmacoloxía [editar]
A Calendula officinalis úsase no tratamento de problemas da pel e da dor, como bactericida, antiséptico e anti-inflamatorio. Os pétalos e o pole conteñen ésteres triterpenoides (anti-inflamatorio) e os carotenoides flavoxantina e auroxantina (antioxidantes e orixe da coloración amarelo-laranxa). As follas e os caules conteñen outros carotenoides, sobre todo luteína (80%) e zeaxantina (5%) e betacaroteno. Os extractos da planta tamén son moi usados nos cosméticos, presumibelmente debido à presenza de compostos como saponinas, resinas e aceites esenciais.
A maravalla é unha planta que, desde 2009, foi recoñecida polo Ministerio da Saúde do Brasil como posuidora de propiedades fitoterápicas.
Alén diso, a caléndula está presente na fórmula dalgúns xampús para cabelos claros, pois sabese que o extrato desa planta contén, así como a camomila e a macela, un pigmento amarelo responsábel por acentuar a cor dos cabelos de tons castaño claro a louro dándolles reflexos dourados de forma natural e gradual.
Galería [editar]
- Calendula officinalis
- ↑ Carrie Mayes (2001). "Calendula officinalis" (HTML). Herb Information Greenpaper. http://www.herbs.org/greenpapers/calendula.html.
Ligazóns externas [editar]
- National Institutes of Health. "Calendula" (HTML). Herbs and Supplements. http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/druginfo/natural/patient-calendula.html.
- "Calendula officinalis - L." (HTML). Plants For A Future. June 2004. http://www.pfaf.org/database/plants.php?Calendula+officinalis.