Calendula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caléndulas
Calendula officinalis
Calendula officinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Calenduleae
Xénero: Calendula

As caléndulas ou margaridas (Calendula) son un xénero dun medio centenar de especies de herbas anuais ou perennes da familia das asteráceas, nativas da rexión mediterránea e Asia Menor.

Son herbas de escasa altura, con follas espirais, simples, lixeiramente pubescentes, de entre 5 e 20 cm de longo. As flores son discoidais, desde amarelas a laranxa intenso. Algunhas especies, entre elas a Calendula officinalis están en flor case todo o ano; o seu nome científico provén das calendas, o nome dado polos latinos ao primeiro día do mes, por julgarse similar a frecuencia da súa floración.

Nalgunhas especies os pétalos florais e as follas brizas son comestíbeis, e úsanse para decorar ensaladas e outros pratos pola súa intensa cor. Empréganse tamén na medicina; tradicionalmente recomendábase un emplasto de talos e follas para irritacións, eccemas e feridas pequenas.

Índice

Especies[1] [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Calendula