María Teresa Mallada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Mallada de Castro
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Cabanaquinta, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Deputada na Xunta Xeral do Principado de Asturias
Período24 de xuño de 2019 – 
  Presidenta do Partido Popular de Asturias
Período20 de outubro de 2020 – 
SucesorMercedes Fernández
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeira e política
EmpregadorUniversidade de Oviedo
Q3143024 Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


María Teresa Mallada de Castro, nada en Ayer o 14 de xaneiro de 1973, é unha enxeñeira de minas e política asturiana do Partido Popular. Foi presidenta da empresa pública estatal Hunosa entre os anos 2012 ao 2018 e é profesora asociada da Universidade de Oviedo[1][2]. É a candidata á presidencia do Principado polo seu partido nas eleccións autonómicas de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en enxeñería de minas e obtivo o doutoramento pola Universidade de Oviedo. Traballou en Hunosa, onde exerceu nos departamentos de medio ambiente e de enxeñería e proxectos, e mais tamén foi enxeñeira auxiliar dos pozos Carrio e María Luisa, desempeñando a máxima responsabilidade na organización do traballo de ambas as dúas explotacións mineiras[3]. Dende febreiro de 2012 ata xullo de 2018 foi presidenta de Hunosa, converténdose na persoa máis nova e primeira muller en ocupar o posto. Tamén é membro do consello de administración de Hunosa en representación da Xunta Xeral.

Alén do seu traballo en Hunosa, exerce como profesora asociada do departamento de administración de empresas da Universidade de Oviedo, é conselleira xeral de Liberbank[4], presidenta da Sociedad Asturiana de Diversificación Minera (Sadim) e mais da Sociedad para el Desarrollo de las Comarcas Mineras (Sodeco).

Política[editar | editar a fonte]

Foi unha das fundadoras de Nuevas Generaciones no seu concello natal de Ayer, a súa presidenta e mais tamén exerceu concelleira de Ayer. Nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 ocupou o noveno posto na lista do Partido Popular pola circunscrición central[1]. En xaneiro de 2019 o seu partido designouna como a candidata á presidencia de Asturias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "María Teresa Mallada nueva presidenta de Hunosa - La Nueva España - Diario Independiente de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2018. Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  2. "Ficha na Uniovi". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  3. "La ingeniera de minas María Teresa Mallada, primera mujer que preside Hunosa". Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  4. 20Minutos. "La popular Teresa Mallada, nueva presidenta de HUNOSA". 20minutos.es - Últimas Noticias. Consultado o 8 de marzo de 2018.