Manuel Taboada Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Taboada Gómez
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Laro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Taboada Gómez, nado en Laro (Silleda), é un construtor e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1987 presentouse como número cinco da candidatura de Alianza Popular ao concello de Silleda encabezada por Juan Salgueiro. Foi elixido concelleiro e nomeado concelleiro de Urbanismo e Obras. En 1988 constituíu unha sociedade en Silleda xunto á súa muller Elisa Ramos Valiñas, para dedicarse á construción Taboada y Ramos. Dimitiu como concelleiro en marzo de 1990 alegando "motivos persoais".[1]

A partir dese momento iniciou unha expansión empresarial, traballando fundamentalmente para as administracións públicas. En 1991 foi condenado xunto co concelleiro de Lalín Antonio Canda Gamallo a unha multa de cincuenta mil pesetas como autores dunha falta de imprudencia na construción da praia fluvial de Vilatuxe.[2] A empresa encargouse da construción dos polígonos de Lalín 2000 e Silleda. En 2017 foi o primeiro adxudicatario de obras da Xunta de Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con Elisa Ramos Valiñas, é pai de Manuel Taboada Ramos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 18-3-1990, p. 45.
  2. La Voz de Galicia, 4-7-1991, p. 35.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]