Manuel Rodrigues Coelho
Manuel Rodrigues Coelho nado en Elvas en 1555 e finado en Lisboa en 1635, foi un compositor e organista portugués. Foi un dos máis importantes teclistas desde Cabezón.
Índice |
Traxectoria [editar]
Manuel Coelho naceu en Elvas c. 1555 e foi probabelmente educado na Catedral da cidade. Outra posibilidade é que ele teña estudado na Catedral de Badajoz, onde traballou como organista de 1573 a 1577. Algures na década de 1580 voltou a Elvas e traballou na catedral. Deixou ese posto despois de se tornar organista da corte en Lisboa. Ocupou en Lisboa, de 1603 a 1633, o cargo de Primeiro Organista da Capela Real de Lisboa. Morreu en 1635, probabelmente na cidade de Lisboa.
Obra [editar]
As obras do compositor encóntranse preservadas no gravado de 1620 Flores de musica pera o instrumento de tecla & harpa, publicado en Lisboa. A colección dedicata ao rei Filipe II de Portugal, é a partitura impresa portuguesa máis antiga. Contén 24 tentos, 101 versetos litúrxicos para órgan, catro variacións dunha versión hispano-mozárabe de Pange lingua e catro intabulacións de Susanne ung jour de Lassus'. Esta gran colección é probabelmente unha compilación de material anteriormente composto polo autor.
As súas composicións de maior relevo son os seus longuísimos tentos (200-300 barras en media). En contraponto coas tendencias barrocas de compositores italianos como [Ascanio Mayone]], Giovanni Maria Trabaci e Girolamo Frescobaldi, a linguaxe harmónica en Manuel Coelho é simples e concisa, sendo reminiscentes da técnica de Sweelinck. As pezas litúrxicas de Coelho son menos ornamentadas e xeralmente empregan un ton máis riguroso. Inclúen un grupo de 23 versetes para se cantarem ao órgão, que consisten dunha liña vocal con acompañamento a órgan.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Apel, Willi. 1972. The History of Keyboard Music to 1700. Translated by Hans Tischler. Indiana University Press. ISBN 0-253-21141-7. Originally published as Geschichte der Orgel- und Klaviermusik bis 1700 by Bärenreiter-Verlag, Kassel.
Ligazóns externas [editar]
- Free scores en Órgãos de Portugal
- Manuel Rodrigues Coelho no HOASM
- Free scores by Coelho Rodrigues Manuel (en inglés)