Manuel Piñeiro Jáuregui
Manuel Piñeiro Jáuregui | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 19 de marzo de 1906 | ||
Lugar de nacemento | Moaña | ||
Posición | defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Piñeiro Jáuregui, nado en Moaña o 19 de marzo de 1906, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando no Alondras CF de onde o fichou o Celta de Vigo para disputar o Campionato galego de 1930, título que gañou o club sen moitos problemas.
Na tempada 1931/32 o Celta disputou a Copa de España, onde caeu eliminado en Semifinais ante o FC Barcelona. Na tempada 1935/36 o equipo acadou o primeiro ascenso a Primeira División da súa historia. Porén tiveron que agardar para debutar xa que o 18 de xullo de 1936 o exército protagoniza un golpe de estado contra o goberno da República que desemboca na Guerra Civil Española. A liga retomouse en 1939 co Celta en Primeira División. Manuel Piñeiro debutou o 11 de febreiro de 1940 e xogou 11 encontros esa tempada, a última como futbolista profesional.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Txema Ereaga (3 de maio de 2012). "Piñeiro y su larga espera para debutar en primera con el Celta". Fame Celeste (en castelán).