Antonio Fuentes Fajardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Fuentes Fajardo
Información persoal
Nacemento 30 de decembro de 1917
Lugar de nacemento Santa Cruz de Tenerife
Falecemento xullo de 1992
Lugar de falecemento Venezuela
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fuentes Fajardo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 30 de decembro de 1917 e finado en Venezuela en xullo de 1992, foi un futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no fútbol profesional no Racing de Santander, de onde o fichou o Celta a mediados da tempada 1939/40. Debutou o 31 de marzo de 1940 ante o RCD Espanyol en Balaídos. Fuentes foi o primeiro dunha serie de futbolistas canarios que xogaron no Celta e que marcaron unha época, como foron Del Pino, Roig, Victoriero ou Raimundo Díaz López.

Antes do comezo da tempada 1944/45 disputouse un encontro de homenaxe a Fuentes entre o Celta e o Real Madrid en Balaídos, remataría con vitoria celeste por 3-2. Finalmente xogou o último encontro co Celta o 27 de xaneiro de 1946, fichando despois polo Sporting de Gijón con quen tamén chegaría a xogar en Primeira División. Retirouse no club asturiano e comezou a súa carreira como adestrador.

Como técnico dirixiu o Pontevedra CF e actuou como segundo adestrador do CD Tenerife.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]