Manuel Mosquera Lequerica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Mosquera Lequerica
Biografía
Nacemento1846 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1923 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Mosquera Lequerica, nado en Bilbao cara a 1846 e finado en Melide en maio de 1923, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi deputado provincial de Lugo polo distrito de Chantada en 1871. Militante do rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove, estivo afiliado ao Partido Republicano Federal de Galicia[1] e foi presidente honorario do Partido Republicano de Melide en 1884.[2] Foi detido en Lugo en setembro de 1886.[3] Conxuntamente con Aureliano Pereira e Modesto Moyrón, foi nomeado membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887. Foi presidente do Comité Rexionalista de Lugo en 1891,[4] e presidente do comité federal da provincia en 1897.[5] Presidiu o Congreso Agrícola Ganadero de Lugo de 1905.[6]

Redactor de El Regional, publicou en El Ciudadano un estudo sobre Giordano Bruno que provocou unha amoestación do obispado lucense,[7][8] e colaborou en La Idea Moderna. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Melide en maio de 1923.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Máiz (2006), p. 35
  2. La Voz de Galicia, 2-6-1884
  3. La Voz de Galicia, 22-9-1886, p. 3.
  4. Gaceta de Galicia, 24-2-1891, p. 2.
  5. El Liberal, 25-5-1897, p. 1.
  6. El Diario de Pontevedra, 16-10-1906, p. 1-2.
  7. La Voz de Galicia, 13-11-1889, p. 1.
  8. Almanaque Gallego 1927, p. 22.
  9. La Voz de la Verdad, 13-5-1923, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]