Manuel Martínez Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Martínez Blanco
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morte1945 Editar o valor em Wikidata
Poznan, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , delineante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Martínez Blanco, nado no Barco de Valdeorras e finado en Poznań en 1945, foi un delineante, político e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Do barrio de San Roque do Barco de Valdeorras. Delineante de profesión e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte canda Manuel Blanco Pascual. Fuxiu cara Asturias, loitou na fronte asturiana e chegou a comandante e oficial do Estado Maior do V Corpo de Exército republicano mandado por Enrique Líster. Despois de rematar a guerra pasou por varios campos de concentración franceses e acabou exiliándose en Rusia. Alí traballou na fábrica de automóbiles de Nizhny Novgorod e participou na segunda guerra mundial integrado no corpo de Enxeñeiros do Exército Vermello. Morreu nunha acción de guerra durante a toma da cidade de Poznań na primavera de 1945. Foi declarado "Heroe da Unión Soviética" e condecorado coa "Orde da Bandeira Vermella".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo: A Nosa Terra. p. 72. ISBN 84-96403-13-0.