Manuel Lamas Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Lamas Soto
Biografía
Nacemento(es) Manuel José Lamas Soto Editar o valor em Wikidata
1955 Editar o valor em Wikidata
Igrexafeita, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2016 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
San Sadurniño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de San Sadurniño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Manuel José Lamas Soto, nado en Igrexafeita (San Sadurniño) en 1955 e finado en San Sadurniño o 19 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou na creación da revista Pumariño en 1976, así como na asociación de veciños Adiante da súa parroquia natal a partir de 1978, chegando a selo seu presidente. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en San Sadurniño nas eleccións municipais de 1979, logrando 6 concelleiros fronte ós 7 de CIDSA. Encabezou de novo a candidatura socialista nas municipais de 1983 e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato tivo que lidar coa crise industrial da comarca de Ferrol e a necesidade de infraestruturas do concello, logrando mellorar estas e a instalación, mediante a ZUR, de empresas como a madeireira Intasa e a conserveira El Cisne. Volveu ser elixido alcalde tralas municipais de 1987, tamén como cabeza da lista máis votada. Gobernou en minoría ata que en novembro de 1988 estableceu un goberno cos independentes, o cal se mantería ata xaneiro de 1990. En abril dese mesmo ano perdeu a alcaldía mediante unha moción de censura impulsada polo PPdeG e os independentes.

Volveu a selo candidato socialista á alcaldía en 1991 e 1995, pero non conseguiu recuperalo goberno dado ás vitorias do PPdeG. Formou parte de candidaturas do PSdeG en seguintes convocatorias electorais en postos honoríficos.


Predecesor:
César Antonio López Fernández
 
Alcalde de San Sadurniño
 
1983 - 1990
Sucesor:
Constantino Bedoya Vázquez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]