Manuel González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel González Fernández
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de outubro de 1997 – 18 de xaneiro de 2000
← Mauro Varela Pérez

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcalde de Xermade
1970 – 2003 – Tomás Rodríguez Arias → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel González Fernández, nado en Chantada o 15 de xuño de 1944 e finado en Lugo o 10 de xullo de 2010, foi un mestre e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión, nos anos 60 exerceu na escola unitaria de Xermade e despois dirixiu o Colexio Público de Xermade entre 1980 e 1996. Foi nomeado alcalde de Xermade en 1970. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Volveu ser alcalde nas sucesivas eleccións xa polo PPdeG ata 2003, cando o substituíu o seu compañeiro de formación Tomás Rodríguez Arias

En 1997 foi deputado no Congreso dous anos, en substitución de Mauro Varela Pérez. Tamén foi deputado provincial e responsable de deportes da Deputación Provincial. Foi cronista deportivo de El Progreso.


Predecesor:
-
 
Alcalde de Xermade
 
1970 - 2003
Sucesor:
Tomás Rodríguez Arias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]