Mansur Al-Hallaj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mansur Al-Hallaj, nado no 858 e finado no 922, foi un escritor, místico e mestre sufí persa. A súa poesía está considerada, mesmo hoxe en día, como unha herexía por numerosos islamólogos, na súa procura do absoluto e pola súa linguaxe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Tur. O avó puido ser un zoroastrista. O seu pai viviu unha vida tranquila, e esta forma de vida interesou grandemente o Hallaj mozo, que desde os seus anos máis novos memorizaba o Alcorán, insatisfeito co ensino tradicional do Alcorán retirouse a unha vida ascética, frecuentou a mestres do sufismo como Sahl at-Tustari, 'Amr ibn 'Uthman al-Makki e Abu al-Qasim al-Junayd.

Predicador en Irán, a India e nas fronteiras da China, cando chegou a Bagdad fíxose sospeitoso tanto entre os sunitas como entre os xiís polas súas ideas místicas e a súa influencia entre as masas. Acusado de participar na rebelión de Zajn, foi condenado a morte e cruficiado o 26 de marzo do 922.