Malacántidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caulolatilus cyanops

Os Malacántidos (Malacanthidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúese polo Atlántico, Índico e Pacífico a profundidades de entre 10 e 500 m (normalmente entre 50 e 200 m). A especie Malacanthus latovittatus pode atoparse tamén en esteiros.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan unha soa aleta dorsal, longa, con 22 a 84 espiñas e radios; a anal tamén longa con unha ou dúas espiñas débiles e 11-55 radios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 radios brandos; aleta caudal truncada ou algo furcada. No opérculo hai normalmente unha espiña aguda e patente.

Os exemplares de maior tamaño poden acumular importantes cantidades de mercurio na súa carne, un metal pesado tóxico e bioacumulable, polo que están considerados responsables potenciais de intoxicacións por este elemento. Por esta razón a FDA americana recomendou en 2001 que as mulleres embarazadas ou en período de lactación, e mailos meniños, evitasen o consumo deste peixe [1].

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia divídese en dúas subfamilias [2] e 5 xéneros:

  • Subfamilia Latilinae:
    • Xénero Caulolatilus (Gill, 1862)
    • Xénero Lopholatilus (Goode y Bean, 1879)
  • Subfamilia Malacanthinae:
Branchiostegus wardi
    • Xénero Branchiostegus (Rafinesque, 1815)
    • Xénero Hoplolatilus (Günther, 1887)
    • Xénero Malacanthus (CuvierDesam, 1829)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Así como de tiburón, xarda do Atlántico e peixe espada [1].
  2. Existe a proposta de separalas en cadansúa familia propia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malacántidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Malacántidos