Mínimo de Maunder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O mínimo de Maunder en 400 anos de actividade solar medida polo número de manchas solares

O mínimo de Maunder é o nome dado ó período de 1645 a 1715, cando as manchas solares desapareceron da superficie do Sol, tal como observaron os astrónomos da época. Recibe o nome do astrónomo solar E.W. Maunder quen descubriu a carencia de manchas solares durante ese período estudando os arquivos deses anos. Durante un período de 30 anos dentro do Mínimo Maunder, os astrónomos observaron aproximadamente 50 manchas solares, mentres que o típico sería observar entre unhas 40.000 e 50.000 manchas.

As observacións das manchas solares[editar | editar a fonte]

O mínimo de Maunder ocorreu entre 1645 e 1715 cando só se observaron aproximadamente 50 manchas en lugar das entre 40.000 e 50.000 manchas típicas. A actividade en manchas en períodos de 10 anos entre 1610 - 1681 é como segue:

Manchas solares por décadas
1610 9
1620 6
1630 9
1640 2
1650 3
1660 1
1670 0
1680 1

Durante o mínimo de Maunder había bastantes manchas solares para que puidesen extrapolarse ciclos de 11 anos. Os máximos ocorreron en 1674, 1684, 1695, 1705 e 1716.

A actividade da mancha solar concentrouse entón no hemisferio do sur do Sol, salvo o último ciclo cando as manchas solares tamén aparecían no hemisferio norte.

Segundo a lei de Spörer, ó inicio dun ciclo as manchas aparecen a elevadas latitudes, durante o ciclo van aparecendo a máis baixas latitudes, ata que alcanzan latitude. 15° no máximo solar. A media continúa baixando ata 7° e despois diso, mentres as manchas do ciclo vello se acaban, o novo ciclo albisca o seu comezo con novas manchas a latitudes altas.

A visibilidade destas manchas tamén está afectada pola rotación diferencial do Sol (distintas duracións da rotación solar en cada latitude):

Latitude
Solar
Período de
Rotación
24.7 días
35° 26.7 días
40° 28.0 días
75° 33.0 días

A visibilidade das manchas está afectada porque as observacións se fan dende a eclíptica e o plano da eclíptica está inclinado 7° respecto ó ecuador do Sol (0° de latitude).

A pequena Idade de Xeo[editar | editar a fonte]

O mínimo de Maunder coincidiu coa parte máis fría da chamada Pequena Idade de Xeo durante a que Europa, América do Norte, e quizabes o resto do mundo, sufriu invernos moi crus.

Se hai unha conexión causal entre a baixa actividade das mancha solares e os invernos fríos, é un tema que inda se discute. Algúns científicos cren que a variación solar é a responsable do cambio climático máis que o anhídrido carbónico (ver quentamento global).

Outras observacións[editar | editar a fonte]

Investigacións recentes publicadas suxiren que a rotación do Sol sufriu un retardo na parte máis central do mínimo de Maunder (1666 -1700). Ó nivel actual do noso coñecemento da física solar, un Sol máis grande e máis lento implica necesariamente un Sol máis fresco e que proporciona menos calor á Terra. (O mecanismo que fai que unha estrela se expanda e contraia é aínda incerta, inda que moitas estrelas sofren pulsacións).

Os acontecementos da actividade solar quedaron gravados no carbono radioactivo.

A máis baixa actividade solar durante o mínimo de Maunder afectou á cantidade de radiación cósmica que alcanzou a Terra. O cambio resultante na produción de carbono-14 durante ese período causou inexactitude na datación por carbono radioactivo ata que este efecto foi descuberto.


A actividade solar tamén afecta a produción de berilio-10, e as súas variacións na produción de este isótopo se usan para reconstruír a actividade solar.

Descubríronse outros mínimos históricos das manchas solares ou polo análise de carbono-14 nos testemuños de xeo ou nos aneis das árbores ; estes inclúen o Mínimo de Spörer (1450 -1540), e o Mínimo de Dalton (1790 -1820). En total parece haber 18 períodos de mínimos de manchas solares nos últimos 8.000 anos, e os estudos indican que o Sol permanece un cuarto do seu tempo nestes mínimos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]