Lunyu
Lunyu 論語 | |
---|---|
Páxina do Lunyu | |
Autor/a | Confucio |
Orixe | China |
Lingua | Chinés clásico |
Tema(s) | Filosofía |
Xénero(s) | Ensaio |
Data de pub. | Século -IV |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Lunyu ou Analectas (chinés tradicional: 論語; chinés simplificado: 论语; pinyin: Lúnyǔ; Wade-Giles: Lun2-yü3) é o texto fundamental do confucianismo, consistente nunha escolma desordenada de ditos, diálogos e pequenos relatos realizada polos discípulos de Confucio durante aproximadamente un século despois da súa morte e completada, xa que logo, ao redor do -400.[1][2]
Recolle un modelo de sabedoría moi influente na historia da China ata a chegada do comunismo. Trata de actitudes éticas, da educación e do goberno. Defende o respecto aos pais, o esforzo por acadar a virtude, a ecuanimidade e o sentido da rectitude, a lealdade, a prudencia e a xustiza.
Confucio dixo: un cabaleiro debe poñerse en garda contra tres perigos: cando é novo e lle ferve o sangue, debe gardarse contra a luxuria; cando é maduro e o sangue está en plenitude, debe gardarse contra a carraxe; na vellez cando o sangue está murcho, debe gardarse da rapacidade (16.7)
Transmisión[editar | editar a fonte]
A compilación dos textos do Lunyu é sen dúbida posterior ao pasamento de Confucio, xa que neles se tratan como defuntas persoas que morreron despois del, coma o duque Ai de Lu 魯哀公 (494-467).[2] Tamén se mencionan afirmacións de discípulos coma Zeng Shen 曾參 (505-436), polo que a escolma debeu realizarse arredor do século -IV.[2] Porén, o libro non foi considerado un clásico até a dinastía Song (960-1279), cando o erudito neoconfuciano Zhu Xi (1130-1200) o escolleu coma un dos "Catro Libros" (sishu 四書).[2][3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Confucianism - Analects, Philosophy, Ethics - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-02-14.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Theobald, Ulrich. "Lunyu 論語 (www.chinaknowledge.de)". chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-14.
- ↑ Thompson, Kirill (2021). Zalta, Edward N., ed. Zhu Xi (Summer 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Analectas (La literatura china traducida en España)
- Lunyu 論語 (Chinese Text Project)
- Analects (Proxecto Gutenberg)
- Textos de Confucio en inglés (Confucian Pages)