Luna E-6S

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maqueta de Luna 10, a única sonda Luna E-6S con éxito.

Luna E-6S, Luna E6S ou Luna Ye-6S pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por dous membros.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

As sondas Luna E-6S foron deseñadas e lanzadas para estudar o espazo próximo á Lúa. Entre os seus instrumentos científicos contábase un espectrómetro de raios gamma para enerxías de entre 0,3 e 3 MeV, un magnetómetro triaxial, un detector de meteoritos, detectores de plasma e detectores de radiación infravermella proveniente da superficie lunar. Unha das sondas, Luna 10, retransmitiu A Internacional desde a órbita lunar durante o vixésimo terceiro Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética.[1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 1 de marzo de 1966 Kosmos 111 Fallo parcial A etapa de inxección transluar non se acendeu, deixando á sonda en órbita terrestre.
2 31 de marzo de 1966 Luna 10 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2011). "Luna E-6S" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-6S" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]