Luna E-6LF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baixo o nome de Luna E-6LF, Luna E6LF ou Luna Ye-6LF pola súa transliteración da lingua rusa, atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por dous membros e cuxa misión era entrar en órbita lunar e fotografar a superficie.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

As sondas Luna E-6LF foron sondas deseñadas para orbitar a Lúa e fotografar a superficie co fin de buscar posibles sitios de aterraxe para os hipotéticos futuros voos tripulados. Houbo dúas sondas E-6LF, a Luna 11 e a Luna 12, ambas exitosas. Entre os obxectivos das sondas estaba estudar as emisións de raios X e raios gamma da Lúa para determinar a composición da superficie, estudar as anomalías gravitatorias e a concentración de meteoritos nas proximidades da Lúa e determinar a intensidade da radiación nas súas proximidades.[1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 24 de agosto de 1966 Luna 11 Éxito
2 22 de outubro de 1966 Luna 12 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2011). "Luna E-6LF" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Luna Ye-6LF" (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]