Luis Legaz Lacambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luis Legaz Lacambra, nado en Zaragoza o 17 de abril de 1906 e finado en Madrid o 2 de maio de 1980, foi un catedrático e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza (1928). Preparou a súa tese de doutoramento sobre Hans Kelsen, que defendeu en 1932 na Universidade de Madrid: Kelsen: estudio crítico de la teoría pura del derecho y del estado de la Escuela de Viena, dirixida por Alfredo Mendizábal. En 1932 foi nomeado profesor auxiliar da cátedra de dereito natural na Universidade de Zaragoza. En 1935 conseguiu a Cátedra de Filosofía do Dereito da Universidade de La Laguna, e ese mesmo ano trasladouse para ocupar a de Santiago de Compostela. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1942-1947) e despois decano da Facultade de Dereito da Universidade de Madrid (1976-1977). Foi procurador nato nas Cortes Españolas durante as sete primeiras lexislaturas do franquismo pola súa condición de reitor de Universidade. Foi Subsecretario do Ministerio de Educación Nacional (1962-1968).


Predecesor:
Carlos Ruíz del Castillo y Catalán de Ocón
USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago

1942 - 1947
Sucesor:
Angel Jorge Echeverri

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]