Universidade de La Laguna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidad de La Laguna
UniversityLaLaguna.JPG
Datos xerais
Localización San Cristóbal de la Laguna
Santa Cruz de Tenerife
Datos actuais
Reitor Eduardo Doménech Martínez
Alumnos 23.252
Datos de contacto
Enderezo C/ Molinos de Agua, s/n
38207, San Cristóbal de la Laguna, Canarias España
Páxina web http://www.ull.es/

A Universidade de La Laguna, tamén coñecida como ULL, é unha universidade pública situada na cidade de San Cristóbal de la Laguna, en Tenerife (España).

A Universidade foi creada co mesmo decreto que dividiu Canarias en dúas provincias en 1927, e reorganizada en 1989, o que supuxo a creación da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Con todo, a historia das institucións universitarias na cidade de San Cristóbal de la Laguna remóntase a 1701. É a universidade máis antiga de Canarias e a que máis alumnos tivo e ten, considerada ademais como o centro público de educación superior con maior traxectoria do Arquipélago Canario.

Campus e facultades[editar | editar a fonte]

A universidade conta con cinco campus universitarios, catro en San Cristóbal de la Laguna (Central, Anchieta, Guajara e Ofra) e un en Santa Cruz de Tenerife.

Campus Central[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Facultade de Educación

Campus de Anchieta[editar | editar a fonte]

  • Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil e Industrial
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática
  • Facultade de Bioloxía
  • Facultade de Farmacia
  • Facultade de Física
  • Facultade de Matemáticas
  • Facultade de Química

Campus de Guajara[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Estudos Empresariais
  • Facultade de Ciencias da Información
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Filoloxía
  • Facultade de Filosofía
  • Facultade de Psicoloxía
  • Facultade de Xeografía e Historia

Campus de Ofra[editar | editar a fonte]

  • Escola Universitaria de Enfermería e Fisioterapia
  • Facultade de Medicina
  • Escola adscrita de Enfermería Nuestra Señora de La Candelaria

Campus de Santa Cruz[editar | editar a fonte]

  • Escola Técnica Superior de Náutica, Máquinas e Radioelectrónica Naval
  • Facultade de Belas Artes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]