Luís Conde Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Conde de Rivera»)
Infotaula de personaLuís Conde Rivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Mortedécada de 1980 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 74848

Luís López de Rivera, coñecido como Luís Conde de Rivera, Luís Conde Rivera ou Conde de Rivera, finado nos anos oitenta do século XX, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de El Noroeste. En 1927 publicou unha novela curta titulada Carmeliña. Colaborou en Vida Gallega, El Correo Gallego e El Eco de Santiago. Marchou a Madrid en 1928 e integrouse no Lar Gallego; colaborou en ABC, Blanco y Negro e Galicia en Madrid e dirixiu Galicia.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi director do diario Voluntad de Xixón dende decembro de 1937, e redactor xefe de La Mañana de Lleida, cando o dirixía Emilio Romero. Despois trasladouse á Coruña onde dirixiu a revista Alfar,[1] colabotou en La Noche e incorporouse á redacción de El Pueblo Gallego en xullo de 1948.[2] Instalouse en Sevilla, onde traballou no ABC, foi correspondente de La Noche e colaborou en La Vanguardia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Carmeliña, 1927.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona, 8-4-1946, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 24-7-1948, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]