London, Kiribati

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
London localízase ao norte do atol de Kiritimati.

Londres (London, en inglés e Ronton en kiribatiano) é a principal localidade do atol de Kiritimati, tamén coñecido como Christmas Island, en Kiribati, no Océano Pacífico. No 2005, contaba cunha poboación de 1,829 persoas.

Localízase nas coordenadas 1°59′N 157°28′W / 1.983°N 157.467°W / 1.983; -157.467.