Loewe
| Tipo | Sociedade Anónima |
|---|---|
| Fundación | 1846 |
| Matriz | LVMH |
| Localización | Palacio de Miraflores, Carrera San Jerónimo 15 28014 Madrid |
| Fundador | Enrique Loewe Roessberg |
| Persoas clave | Enrique Loewe Lynch (presidente de honra), Stuart Vevers (Director) |
| Industria | Téxtil, coiro |
| Produtos | Roupa e complementos |
| Páxina web | http://www.loewe.com |
Loewe (pronunciado [lo'eβe]) é unha marca de roupa, coiro e complementos de luxo fundada en 1846 en Madrid polo artesán Enrique Loewe Roessberg orixinario de Kassel, actualmente é propiedade do grupo francés LVMH (Louis Vuitton Moët Hennessy).
Índice |
Historia [editar]
As orixes de Loewe están no Madrid de 1846, nun obradoiro de marroquinería situado na rúa Lobo (posteriormente rúa Echegaray), no centro de Madrid. En 1872 o artesán alemán Enrique Loewe Roessberg chega a Madrid e asociase co taller e comeza a traballar alí. En 1892, Loewe instálase na rúa Príncipe de Madrid acadando grande sona.
En 1905, o rei Alfonso XIII deulle o título de provedor da Casa Real. En 1910 abre tenda en Barcelona.
En 1945 o deseñador Pérez de Rozas crea modelos de bolsos en boxcalf, que pronto pasan a ser os grandes clásicos da marca. En 1959 Loewe inaugura unha tenda na rúa Serrano de Madrid, que modifica por completo a imaxe dos establecementos de artigos de luxo. En 1963 empeza a expansión internacional de Loewe, que abre tenda en Londres.
En 1980 entra o grupo Rumasa no accionariado da empresa mercando accións a herdeiros de Loewe de Barcelona, polas diferencias entre a familia de Barcelona e a de Madrid que controlaban entre ambas o 51% da empresa. Rumasa mercou entre un 25% ou 30% ata acadar a maioría do accionariado por sucesivas mercas de accións. Cando Rumasa foi expropiada tiña o 66% da empresa polo que pasou a estar controlada polo Estado Español[1].
En 1996 coincidindo cos 150 anos da marca é mercada por LVMH.
O 14 de marzo de 2012 sae unha polémica campaña da colección "Oro" con Luis Venegas como director creativo e como protagonistas presuntos mozos "modernos" fillos de coñecidos.
En 2012 pechou a súa tenda na Coruña, a única que tiña en Galiza trasladándose a unha pequena tenda en El Corte Inglés da rúa Ramón y Cajal.
Tendas [editar]
Loewe ten 29 tendas propias en España, dez establecementos para home e sete de muller. A nivel internacional ten 125 tendas propias e 50 puntos de venda en aeroportos e outro cento de tendas multimarca[2].