Lingua quiché
| Quiché (K'iche') | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Guatemala e México | |
| Rexións: | Poñente de Guatemala e sueste de México | |
| Total de falantes: | ~1.000.000 en Guatemala[1] e 524 en México | |
| Familia: | Linguas maienses Quicheano-mameano Quicheano maior Quicheano Quiché-Achí Quiché |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Ningún pais | |
| Regulado por: | Academia de Linguas Maias de Guatemala (Guatemala) Secretaría de Educación Pública (México) |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | ningún | |
| ISO 639-2: | myn (colectivo) | |
| ISO 639-3: | quc | |
A lingua quiché (en quiché: k'iche') é parte do grupo quicheano de linguas, que forman parte da familia lingüística das linguas maienses. É falada maioritariamente polos membros da etnia quiché, orixinaria de Guatemala, aínda que tamén ten presenza no sueste de México a causa da migración de refuxiados a este país durante o período da Guerra Civil Guatemalteca nos anos oitenta do século XX. Ten arredor dun millón de falantes en Guatemala,[1] e uns 524 falantes en México (2002), sendo a lingua maiense coa comunidade lingüística máis extensa e a segunda lingua de Guatemala, despois do español. Moitos falantes do quiché son bilingües da súa lingua nativa e do español, aínda que este fenómeno é menos frecuente nos ámbitos rurais illados.
Existe unha substancial variación dialectal do idioma quiché, a algúns dos seus dialectos son considerados ás veces como linguas separadas. A maior parte dos falantes empregan a variedade coñecida como quiché central, que tamén é a máis empregada nos medios de comunicación e o ámbito educativo. Outros dialectos son o quiché centro-occidental, quiché de San Andrés, quiché de Joyabaj, quiché oriental, quiché de Nahualá e quiché de Cunén.
Aínda que non é unha lingua oficial nin en Guatemala nin en México, e os niveis de alfabetización como primeira lingua son baixos, a importancia do quiché tende a crecer tanto nas escolas como na radio no territorio guatemalteco. É recoñecida como lingua nacional en Guatemala a raíz da "Lei de Idiomas Nacionais" aprobada polo Congreso de Guatemala no 2003. En México, como resultado das reformas da Constitución deste país, e das leis regramentarias derivadas, o quiché ten o recoñecemento de lingua nacional, coa mesma validez no territorio mexicano que o español e outras sesenta e catro linguas indíxenas.
A obra máis coñecida escrita en quiché clásico é o Pop Wuj, máis comunmente coñecido como Popol Vuh.
Índice |
Fonoloxía[editar]
Vogais[editar]
| [a] | vogal anterior aberta non redondeada | a |
| [ə] | vogal media central non redondeada | ä |
| [ɛ] | vogal anterior semi-cerrada non redondeada | e |
| [i] | vogal central cerrada non redondeada | i |
| [o] | vogal posterior semicerrada non redondeada | o |
| [u] | vogal posterior cerrada redondeada | u |
Consoantes[editar]
| Bilabial | Alveolar | Palatal | Velar | Uvular | Glotal | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| normal | implosiva | normal | exectiva | normal | exectiva | normal | exectiva | normal | exectiva | normal | ||
| Oclusivas | p [p] | b' [ɓ] | t [t] | t' [t'] | k [k] | k' [k'] | q [q] | q' [q'] | ' [ʔ] | |||
| Africadas | tz [ʦ] | tz' [ʦ’] | ch [ʧʰ] | ch' [ʧ’] | ||||||||
| Fricativas | s [s] | x [ʃ] | j [x] | h [h] | ||||||||
| Nasais | m [m] | n [n] | nh [ŋ] | |||||||||
| Líquidas | l [l] r [r] | |||||||||||
| Semivogais | y [j] | w [w] | ||||||||||
Ortografía[editar]
Ao longo da historia, varios sistemas ortográficos empregáronse para transliterar o idioma quiché. A ortografía clásica do Padre Francisco Ximénez, que transcribiu o Popol Vuh, está baseada na ortografía española da época. En tempos recentes foi reemprazada pola ortografía estandarizada da Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG). O etnohistoriador e maiísta Dennis Tedlock emprega o seu propio sistema de transliteración, diferente en todos os sentidos das ortografías establecidas.
Sintaxe e morfoloxía[editar]
O quiché emprega unha orde Suxeito Verbo Obxecto, en oposición a moitos idiomas maiances nos que o verbo é o elemento inicial dunha oración. A variación deste esquema é pouco común, mais algúns falantes actuais empregan o sistema Verbo Suxeito Obxecto.
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 Segundo o censo de 2002 hai 1.270.953 persoas que pertencen á etnia k'iche' (véxase "XI Censo Nacional de Poboación e VI de Habitación (Censo 2002) - Pertenza de grupo étnico". 2002. http://www.ine.gob.gt/Nesstar/Censo2002/survey0/dataSet/dataFiles/dataFile1/var26.html. Consultado o 20-09-2010., das cales 890.596 son falantes del k'iche' (véxase "XI Censo Nacional de Poboación e VI de Habitación (Censo 2002) - Lingua na que aprendeu a falar". 2002. http://www.ine.gob.gt/Nesstar/Censo2002/survey0/dataSet/dataFiles/dataFile1/var27.html. Consultado o 20-09-2010.).
O SIL International menciona cifras moito máis elevadas e estima que o número total de falantes do K'iche' é de máis de dous millóns (véxase "Languages of Guatemala". 2000. http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=gt. Consultado o 20-09-2010.).
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Introdución á lingua quiché na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.
- K´iche´ no Ethnologue
- Dicionario quiché-inglés
- Fragmentos en audio do Popol Vuh, en quiché e e en castelán www.Palabravirtual.com