Lingua chol
| Chol (Ch'ol) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | ||
| Rexións: | Chiapas e Tabasco | |
| Total de falantes: | 185.300 | |
| Posición: | Non está entre as 100 maiores linguas | |
| Familia: | Linguas maias Occidentais |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | En México ten recoñecemento como lingua nacional | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | myn (colectivo) | |
| ISO 639-3: | ctu | |
O chol, ou ch'ol, é unha lingua maia falada polos choles, que habitan principalmente no estado mexicano de Chiapas (sobre todo nos municipios de Tumbalá,Yajalon, Tila, Sabanilla, Salto de Agua, Playas de Catazaja' e Palenque), existindo tamén unha comunidade importante no municipio de Balancán, Tabasco.
Pertence ao grupo cholano da familia maia. Sostívose, que esta lingua, xunto co chontal e o chortí, estaría relacionada co idioma maia clásico.[1]
No chol pódense distinguir dous dialectos:
- Chol de Tila, falado por case 44 mil persoas, cun índice do 25% de monolingüísmo. Esta variedade emprégase principalmente no municipio de Tila, en Chiapas.
- Chol de Tumbalá, falado por 90 mil persoas no municipio de Tumbalá, tamén en Chiapas. O índice de monolingüísmo dos falantes desta variedade é do 30% aproximadamente.
Morfoloxía e sintaxe [editar]
O chol, ao igual que as demais linguas maias, é unha lingua aglutinante, é dicir, que aglutina a un radical (verbo, substantivo ou adxectivo), marcas de axente (o que realiza a acción verbal), de suxeito (o posuidor do obxecto ou relación persoal), a través dun sistema de sufixos e prefixos.
Numerais [editar]
O sistema de numeración do chol é vixesimal (de base 20), como sucede nas outras linguas maias, e en xeral, nas linguas mesoamericanas. A razón obedece a que estas linguas basean o seu sistema numérico no número de dedos e dedas que ten o ser humano. Os vinte primeiros números son:
- 1 jump'ej
- 2 cha'p'ej
- 3 uxp'ej
- 4 chänp'ej
- 5 jo'p'ej
- 6 wäkp'ej
- 7 wukp'ej
- 8 waxäkp'ej
- 9 bolomp'ej
- 10 lujump'ej
- 11 junlujump'ej
- 12 cha'lujump'ej
- 13 uxläjump'e
- 14 chänlujump'ej
- 15 jo'lujump'ej
- 16 wäklujump'ej
- 17 wuklujump'ej
- 18 waxäklujump'ej
- 19 bolomlujump'ej
- 20 junk'al
Notas [editar]
- ↑ Houston, S., O. Chinchilla, Stuart D. "The Decipherment of Ancient Maya Writing", U. of Oklahoma Press, 2001.