Lingua amhárica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua amárica")
Amhárico
አማርኛ
Pronuncia: ämerəña
Falado en: norte e centro de Etiopía
Rexións: África oriental
Total de falantes: 21 millóns
Familia: Afroasiática
 Semítica
  linguas semíticas Meridionais
   Amhárico
Escrita: alfasilabario adaptado da escrita ge'ez
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Etiopía
Códigos de lingua
ISO 639-1: am
ISO 639-2: amh
ISO 639-3: amh
SIL: AMH

O amhárico[1] (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.

Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2.700.000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.

É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.

Escríbese usando un silabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.


Fonemas e grafías[editar | editar a fonte]

Consoantes
Bilabiais Dentais Palatais Velares Glotais
Oclusivos xordos p t c k ʔ
sonoros b d ɟ g
exectivos ʔʼ
Africados ʦʼ
fricativos xordos f s ʃ h
sonoros z ʒ
nasais m n ɲ
Líquidos w l j
Vibrantes r
Vogais
Anteriores Centrais Posteriores
Pechadas i ə u
Medias e ä o
Abertas a


Símbolos do abugida (silabario) amhárico ("Fidels" ፊደል)[editar | editar a fonte]

O abugida ou silabario etíope ten un total de 231 signos que representan sílabas, resulta de combinar os 7 fonemas vogálicos cos 33 fonemas consonánticos da lingua amárica.

'Grafías' (Non están na orde tradicional)
  ä u i a e ə o
p
t
c
k
b
d
J
g
p’
t’
c’
k’
7
  ä u i a e ə o
ts’
f
s
S
h
z
Z
m
n
ñ
w
l
j
r
  ä u i a e ə o

Nomes[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

Os nomes amháricos poden ter xénero masculino ou feminino. Existen diferentes medios de expresa-lo xénero. Un exemplo é o antigo sufixo -t para forma-lo feminino, limitado a certos modelos e a certos nomes aillados. Os nome e adxectivos que rematan en -awi forman normalmente o feminino co sufixo -t: por exemplo, ityop':eya-(a)wi, "etíope" (m.), fronte a ityop':eya-wit-t, "etíope" (f.); sämay-awi, celestial" (m.), fronte a säway-awi-t, "celestial" (f.). Este sufixo utilízase tamén en nomes e adexectivos baseados no modelo k'et(t)ul, por exemplo, nəgus, 'rei', fronte a nəgəs-t, "raíña", e, k'əddus, "santo", fronte a k'əddus-t, "santa".

Algúns nomes e adxectivos forman o feminino con -it': lək, "rapaz" fronte a lək'-it, "rapaza"; bäg, "carneiro", fronte a bäg-it, "ovella"; s'əmagəlle, "ancián", fronte a s'əmagəll-it, "anciá"; t'ot'a, "mono", fronte a bäg-it, "mona". Outros nomes teñen esta terminación de feminino inda que non existe un oposto masculino: no caso de s'ärar-it, "araña", ou azur-it, "remuiño". Existen tamén, porén, nomes que teñen o sufixo -it e compórtanse gramaticalmente como masculinos: säraw-it, "exército"; nägar-it, "bombo".

O xénero feminino non se usa só para indicar o sexo biolóxico, senon tamén para expresar tamaño pequeno. Así ocorre en bet-it-u, "a casiña" (literalmente, cas-FEM-ARTIGO). O morfema de feminino pode servir tamén para expresar tenrura ou simpatía.


Números[editar | editar a fonte]

ande = 1; hulet = 2; sost = 3; arat = 4; ammist = 5; siddist = 6; sebat = 7; semment = 8; zetegn = 9; asir = 10; asra ande = 11; asra hulet = 12; asra sost = 13; asra arat = 14; asra ammist = 15; asra siddist = 16; asra sebat = 17; asra semment = 18; asra zetegn = 19; haya = 20; haya ande = 21; selasa = 30; arba = 40; hamsa = 50; selesa = 60; seba = 70; semanya = 80; zetena = 90; meto = 100; shee = 1000; meelyon = 1000000.

Vocabulario básico[editar | editar a fonte]

  • Bos días: ëndemën aderu
  • Boas tardes: dehna yideru
  • Ola: selam/tadiyaas
  • Adeus: t‘eanast‘ëllën
  • Por favor: ëbakon
  • Grazas: amesegënallô
  • Moitas grazas: bet‘am amesegënallô
  • De nada: ënkwan dehna met‘u
  • Perdón: yik‘ërta
  • Síntoo: aznallô
  • Si: awo
  • Non: ie
  • Benvido : selam
  • Entende?: gebbawot?
  • Entendo: gebëtonyal
  • Non entendo: algebanyëm
  • Cmo estás?: dehna not?
  • ¡Ben!: dehna!
  • Como te chamas? : sëmëwot man nô?
  • Chámome... : sëmea... nô.
  • De onde es? : ke yeat ager not?
  • Cantos anos tes?: ëdmeawot sëntë?
  • Teño ... anos: ...ametea nô.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario Ir Indo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua amhárica.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]