Lingua akhvakh
| Abkhvakh (aшвaлъи мицIи) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Federación Rusa, Acerbaixán | |
| Rexións: | Daguestán, Akhvakh-Dere | |
| Total de falantes: | 6000 | |
| Familia: | Linguas caucásicas Abkhvakh |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | cau | |
| ISO 639-3: | akv | |
O akhvakh é unha lingua caucásica do subgrupo andi do grupo avar-ando-dido que se fala en Daguestán (Rusia) e en Acerbaixán
ISO/DIS 639-3: akv
Índice |
Distribución xeográfica [editar]
Fálase entre os ríos Andi-Koisu e Avar-Koisu no Daguestán, en 8 auls, 5 no distrito de Akhvakh: Tad-Magitl, Kvankero, Logonitl, Kuydab-Roso e Izani e 3 no distrito de Shamil: Ratlub, Tsegob e Tlyanub.
Máis ao sur, xa en Acerbaixán, está o aul de Akhvakh-Dere (distrito de Zhakalay), froito dunha migración na primeira metade do século XVIII.
Falantes [editar]
6.000
- Daguestán: 4.000
- Acerbaixán: 2.000
Dialectos [editar]
A principal deivisión é entre o Akhvakh do norte (Tsunta-Akhvakh) e do sur (Ratu-Akhvakh), cada aul ten o seu propio dialecto
Usos sociais [editar]
Os falantes de akhvakh empregan o avar como lingua literaria e como lingua de relación entre os diferentes dialectos. As primeiras publicacións sobre a lingua datan de 1949. A lingua carece de literatura escrita e tan só se emprega dentro do ámbito doméstico, nos últimos anos o incremento dos matrimonios mixtos cos avar pon en perigo a transmisión interxeracional da lingua.